Cultura convoca unha nova edición dos premios Johán Carballeira

O certame de poesía chega xa aos dezasete anos e o de xornalismo aos once

REDACCIÓN | BUEU

A Concellería de Cultura de Bueu vén de convocar unha nova edición dos premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo. Trátase do certame máis importante que convoca o concello buenense e co quere honrar á figura do que fora o seu alcalde en 1936. Nos dous casos a data límite para a entrega dos traballos é o vindeiro 10 de xaneiro e os gañadores recibirán un premio de 1.500 euros.

O certame poético chega a súa edición número dezasete e os participantes deberán entregar tres copias e cada unha identificada cun lema. Neste caso, o premio inclúe a publicación do poemario gañador en Edicións Xerais de Galicia.

O premio de xornalismo acada a súa undécima edición e os traballos poden presentarse en papel, adxuntando tres copias da páxina ou páxinas completas da publicación. Tamén se pode facer por correo electrónico cin documento en PDF e no caso de publicacións dixitais deberá remitirse a ligazón da páxina web.

Tracking Pixel Contents