Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

No centenario de Ángel Botello (I)

O Gauguin de Cangas

O 20 de xuño cúmprese cen anos do nacemento do artista cangués Ángel Botello, o pintor do Caribe

Ángel Botello.

Ángel Botello.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

CAMILO CAMAÑO - CANGAS

En primeiro lugar, felicitarnos por nos decatar, de que non todo é mediocridade nin ignorancia respecto á figura de Ángel Botello, pois acaba de nos sorprender moigratamente, o artigo publicado no Faro da Cultura do xoves, 17 de xaneiro do ano que andamos, que baixo o título " Postimpresionismo do Caribe. o centenario de Ángel Botello", asina Carlos L. Bernárdez, a quen, como activista cultural e interesado no mundo da arte en xeral e, en particular na obra de Botello, quixera agradecer e dar os parabéns polo feito da devandita publicación, así como pola documentación que aporta.

Evidentemente que si falaremos de Ángel Botello e, procuraremos que non pase desapercibida esta importante efeméride, tanto para a arte galega coma para as institucións. Imos ter tempo dabondo, pois a data de nacemento deste xenial creador, fora en Cangas, no mes de xuño do ano de 2013. Ate esa data, trataremos de nos irmergullando en pasaxes da vida do autor, tamén da súa obra, pasando por vicisitudes acontecidas neste século que cumpre, sempre co ánimo de amosar a maior información posible, para un máis amplo coñecemento tanto plástico, coma humano, tratando de evitar na medida do posible, entrar en polémicas, nin abrir feridas.

O Gauguin de Cangas

O Gauguin de Cangas

Nesta primeira achega, simplemente faremos unha sinxela aproximación á figura de Ángel Botello. Como xa referimos, nace en Cangas o 20 de xuño de 1913, nunha noite de festa e fogos de artificio, que ben podería ser polo devandito acontecemento, como preludio ao que logo sería Botello, pero non era así, pois iso viña dado pola coincidencia coa data de nacemento no Pazo Real da Granxa, de Juán de Borbón e Battenberg, fillo de Alfonso XIII. É fillo do andaluz Ángel Botello Suárez, que se instala na vila como industrial conserveiro, e de Bonifacia Barros del Amo, descendente de Serafín Barros, que fora alcalde de Cangas do 1899 ao 1903 e no 1910.

No ano 1918, cando Ángel Botello Suárez traslada a súa industria para Vigo, pasan a residir nesta cidade, ano no que falece por mor da epidemia de gripe que asolagaba o estado. Nesta época, Botello cursa estudos primarios e bacharelato en dous centros docentes de xesuítas, coincidindo nesta última etapa con Camilo José Cela. A pesares da súa estadía residencial viguesa, a familia Botello-Barros, non deixa de visitar asiduamente Cangas.

O Gauguin de Cangas

O Gauguin de Cangas

Bonis Barros, a pesares da morte do seu esposo, prosegue coa actividade industrial, pero no 1926 ten que desistir, pois por mor dun problema de administración, quebra. Nesta situación non doada e ateigada de incerteza, decide mudarse coa familia a Burdeos-Francia, pois era unha das portas cara un novo mundo e de xeito especial a Arxentina, onde se establecera unha importante e próspera diáspora galega.

Xa adolescente Ángel, no ano 1928 toma a decisión de cursar estudos de agronomía, matriculándose na Escola de Agricultura de Limou, onde permanece durante dous anos, sen espertar nel un interese especial, polo que no 1930, abandoa esta disciplina para se matricular na Escola de Belas Artes de Burdeos, onde baixo a direción de Fraçois Maurice, estuda debuxo e pintura, que complementa logo con deseño e modelado, sobresaíndo nos catro anos de permanencia no devandito centro e, acadando varias distincións e premiacións.

O Gauguin de Cangas

O Gauguin de Cangas

Aínda como estudante, participa en varias exposicións colectivas, entre elas, a da Société des Amis des Arts de Burdeos e Colectiva en Périgueux, nos anos 1933 e 1934, para no ano 1935, grazas á concesión da Beca do Conde de Cartagena, viaxa a España, co gallo de continuar os estudos de arte na Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, tempo que aproveita para viaxar ao seu Cangas natal, realizando varias pinturas sobre todo do casco histórico e do porto, así como Vigo onde tiña residido, cidade na que orgaíza unha exposición, nos locais do Ateneo.

Imos deixar aquí esta primeira achega, posto que de seguido, acontecen varios sucesos, como o seu recrutamento no exército, que vai incidir de xeito importante, ao producirse neste período, o inicio de guerra civil.

O Gauguin de Cangas

O Gauguin de Cangas

En vindeiras achegas, iremos amosando toda a información posible, para un mellor coñecemento da vida e obra de Ángel Botello, que fora escasamente coñecido, por diversas razóns, ate que no ano 1995, a sala que hoxe leva o seu nome, non con

pouco sacrificio, acolleu unha mostra antolóxica da súa obra. Tamén falaremos da doazón da obra "Retrato de Bonis Barros del Amo" (nai do artista), de acordos e desacordos tomados por diferentes corporativos, así como da perda dun conxunto de obra que debera estar formando parte do patrimonio artístico cultural municipal.

O Gauguin de Cangas

O Gauguin de Cangas

Tracking Pixel Contents