Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A arte das romarías

Os 150 alumnos do CEIP A Guía, xunto cos pais e mestres, deron vida a un mural que eles mesmos pintaron no adro da peregrina

Varios alumnos do CEIP A Guía, interpretando cancións tradicionais coa frauta.  // Carmen Giménez

Varios alumnos do CEIP A Guía, interpretando cancións tradicionais coa frauta. // Carmen Giménez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

fran g. sas - Moaña

A expectación levantada entre os veciños de Meira arredor do mural que estaban a pintar os alumnos do CEIP A Guía ao longo de toda a semana no adro da capela da Peregrina viuse onte colmada. Pois co gallo do Día das Letras Galegas os 150 alumnos do centro, acompañados dos mestres e dos pais, representaron escenas típicas dunha feira tradicional, dándolle vida así ao mural inspirado nunha parte dun cadro do pintor Portas Leirado. Trátase dun mural de 23 metros de largo e dous de alto, que permanecerá no tempo para decorar un adro que está a ser reformado e humanizado.

Centos de veciños disfrutaron tamén dos distintos pinchos mentres escoitaban música tradicional e regresaban a outros tempos, pois non faltaban persoaxes típicas galegas como o pulpeiro, o retratista, o cantar de cegos, os gaiteiros ou os vendedores de rosquillas. Os estudantes máis pequenos interpretaron A Saia da Carolina e os de 6º un cantar de cego. Os gaiteros que acudiron de xeito altruísta tocaron o Himno Galego para rematar a mañá de troula. Os traxes foron confeccionados con paciencia polas familias dos estudantes, e os dos maiores foron prestados pola Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres.

Para confeccionar o mural contaron coa axuda do muralista Peri, que se encargou de debuxar as formas das figuras e de dar as sombras.

Cross en Abelendo

Pola súa banda, o CEIP Abelendo celebrou onte o seu XVIII cross escolar. Coa asistencia de todos os pais dos alumnos.

Tracking Pixel Contents