Cultura saca a concurso a organización de once feiras do libro, entre elas a de Cangas

O orzamento global é de 200.000 euros

Redacción - Cangas

A Consellería de Cultura e Turismo sacou a concurso público, por importe de 200.000 euros, a organización dos actos que vai desenvolver entre abril e agosto de 2011 nas 11 feiras do libro de Galicia, entre elas a de Cangas, que terá lugar do 25 ao 28 de xullo. O calendario elaborado pola Federación de Libreiros de Galicia comeza en Ferrol, do 6 ao 10 de abril, e remata en Monforte, do 24 ao 27 de agosto. Entre esa datas celebraranse tamén as feiras do libro de, Santiago, Lalín, Lugo, Ourense, Vigo, A Coruña, Viveiro e Foz.

O recén nomeado pola Xunta director Xeral do Libro, Francisco López, adiantou novas iniciativas de promoción, o recoñecemento ás librerías que máis traballan por fomentar os hábitos lectores e a apertura cara soportes virtuais, como pode ser o libro electrónico, e outras "vías de aproximación cultural aos lectores galegos máis novos.

Tracking Pixel Contents