Recibir o Nadal dende un escenario
O CEIP Tirán celebra un festival con panxoliñas, teatro en inglés e recuperando a tradición do mítico Apalpador
fran g. sas - Moaña
Os alumnos do colexio de Tirán deron onte a benvida ao Nadal cun festival no que se mesturou a música e o teatro. Os nenos de Educación Infantil cantaron paxoliñas diante dos seus pais e familiares, e os alumnos de cinco anos protagonizaron a obra de teatro “O Coelliño”. Os estudantes de primeiro e segundo curso representaron unha simpática obra en inglés na que, ademáis de demostrar un alto nivel da lingua de Shakespeare, pintaron a un moderno Papá Noel afectado pola crise e dirixíndose aos nenos do mundo a través de videoconferencia.
A mañá tivo incluso momentos para recuperar as tradicións máis puras do Nadal galego, así os alumnos de terceiro e cuarto levaron a escea a lenda do Apalpador, figura dun mítico carboeiro que deixa agasallos aos nenos e que se atopaba practicamente desaparecida. A labor de centros sociais e colectivos culturais fixo que esta lenda se recuperase nos últimos anos. Os integrantes destas mesmas aulas remataron o seu espectáculo co rap “I´m from Tirán”.
Os máis maiores do colexio representaron teatralmente a evolución do Home, parodiando incluso unha fuxida dun Paraíso aburrido. Tres pais de alumnos encargáronse do chamativo traballo de maquillaxe. O centro foi visitado polos Reis Magos.
Domaio e Cela
Esta mañá os alumnos do CEIP Domaio e do colexio A Torre, de Cela celebran os seus festivais de Nadal. En Domaio haberá música e unha exposición de árbores con materiais de refugallo (12.45 horas).
No colexio de Bueu non faltarán as panxoliñas e un nacemento. Comeza as 10.30 horas.
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Una familia de cinco generaciones en Aldán
- El sol le ciega y atropella a un ciclista en Meira
- La lancha de Salvamento de Cangas recupera una boya de tres metros de diámetro a la deriva
- Vecinos de la avenida de Vigo piden bajar a 30 km/h el límite de velocidad
- Un mar de arte joven sobre Moaña
- El jefe de la Policía de Cangas se despide de la plantilla tras casi 40 años de servicio
- El IGVS acepta construir vivienda de protección oficial en As Lagoas