Celebrando solidariedade
O Auditorio acolleu onte o festival benéfico navideño de Cáritas para axudar aos máis necesitados
redacción - Cangas
Con tres cuartos de entrada tirando a cheo no Auditorio de Cangas, a asociación Cáritas celebrou onte pola noite o seu tradicional festival benéfico navideño, que ten como obxectivo recadar fondos para atender ás familias máis necesitadas do contorno, algunhas en serio risco de exclusión social. Foron tres horas fartas de programa, ainda que as actuacións sucedéronse de xeito áxil e non deron pé ao aburrimento.
Con Ana Cortegoso como mestra de cerimonia, polo escenario foron pasando o grupo de danzas Soavela, da asociación cultural San Andrés do Hío, con baile do país; o dúo Alicia e Rivera, con temas do Mar del Plata e Uruguai; Anxo Moure, que chegou en patinete e foi sacando da chisteira gorros de distintos países habitados por nenos e nenas coa infancia queimada polas guerras e a necesidade, reclamando a reflexión do público. O guitarrista José Montejano, a Academia Staccato ou o grupo de teatro Radio Ría, de Domaio, onde unha das súas integrantes, unha rapaza inmigrante, amosou gran soltura na língua galega, foron outras das actuacións que despertaron o interese do público, que pagou catro euros pola entrada para axudar ao labor solidario de Cáritas.
A xove pianista María Graña, que deixou mostras do seu virtuosismo, deixou paso ao grupo Lembranzas de Tirán, que rematou a gala cunha selección de temas de sempre que tamén foron moi aplaudidos. Ao final, houbo sorteo de regalos doados por empresas de perruquería e lencería, e tamén un cadro, que se repartiron os posuidores das entradas cos números premiados.
Os espectadores destacaron a calidade e variedade das actuacións, así como a solidariedade para cubrir as necesidades de moitas persoas nesta singular época navideña. Nas primeiras fileiras do público estaban a alcaldesa, Clara Millán, e o concelleiro de Igualdade, Óliver Álvarez, así como a edil non adscrita, Begoña Pérez, xunto con outros representantes sociais. Tamén chamou a atención nesta edición o emprego do galego pola maioría dos participantes, agás, para non crebar o espíritu orixinal, os tangos e boleros, carnaval, candombes e chamamés.
- Muere de repente un vecino de Bueu en la rampa del muelle
- Revientan el portal de una ferretería de Cangas para llevarse motosierras
- La lonja de Bueu registra una caída de 375.000 euros por la crisis del pulpo
- Cangas otorga chiringuitos de playa por cuatro años y excluye Melide por los accesos
- Se incendia el tejado de una casa en el barrio de O Casal, en Moaña
- Un limón y medio limón en Vilariño.
- Comenzó la tala de árboles en las fincas que rodean la residencia de Aldán
- Los Concellos de O Morrazo dan la espalda a Elon Musk