Os físicos do CERN voltan a Primaria
A elite da ciencia galega conversará en videoconferencia con alumnos de Quintela e RodeiraDefensa das asignaturas de ciencias en galego
fran g. sas - Moaña
A elite do mundo científico galego esta formada, en grande parte, polos oito científicos da comunidade que integran a plantilla do Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) que conta, perto da cidade suiza de Xenebra, co maior acelerador de partículas do mundo. Pero mañá os científicos deixarán de lado por un momento a súa rutina para defender diante de escolares de toda Galicia a importancia do idioma galego. Trátase dunha videoconferencia simultánea con más de medio centenar de centros escolares de Primaria e Secundaria, entre eles o colexio moañés de Quintela e o IES Rodeira, de Cangas.
Ámbolos dous centros veñen de gañar o premio á innovación en normalización lingüística que outorga a Xunta de Galicia. Ademáis atópanse entre os premiados por segundo ano consecutivo por empregar as novas tecnoloxías para dinamizar o galego entre os máis xóvenes. Polo tanto ocuparán un lugar de honra na actividade que hoxe organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela.
A videoconferencia será esta mañá entre as 10.30 y as 11.30 horas, e o obxectivo da mesma é "demostrarlle aos pequenos que a educación en galego non é ningún impedimento para acadar as cotas profesionais máis altas. De feito, os mesmos científicos aseguran que falan en galego entre eles dentro do CERN", explica a coordinadora de dinamización lingüística do centro moañés, Belén Escariz.
Os físicos darán una conferencia e os alumnos participantes poderán facerlles calquera pregunta a través dun chat.
Contexto
Dende o colexio de Quintela explican que a sua campaña premiada, "En galego pola rede", serve para que os pequenos adquiran unha maior competencia en galego, aínda que aseguran que non é suficiente, nin moito menos. "O contexto no que se desenvolven os alumnos e castelanfalante case no 100% dos casos, e nalgún a transmisión do idioma xa se cortou hai varias xeracións", alerta Escariz.
Para incentivar o emprego do idioma propio de Galicia, o traballo premiado pasa por colaborar coa Galipedia incluíndo a biografía de persoeiros de Moaña como Xavier Blanco, Lito Portela ou Iván Costa, e trasladando o currículo da asignatura de Coñecemento do Medio á contorna máis próxima, empregando un blogue para subir textos sobre os ríos, a flora e a fauna de Moaña. Os alumnos tamén participan en intercambios con estudantes de zonas maioritariamente galegofalantes, como Taragoña (Rianxo) ou Vide (As Neves).
- Las excavaciones arqueológicas descubren la puerta de acceso a la torre medieval de Meira
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- Rescatan a un motorista herido tras sufrir una caída de diez metros mientras practicaba trial en el monte Paralaia
- El Concello ya había multado por ruidos a la discoteca que actúa como ‘after hours’
- Cunchido abre la temporada de furanchos en Cangas
- Identifican al presunto autor de un robo en un comercio de Cangas, que se llevó material por valor de 1.500 euros