Raúl García é guionista dunha produtora de Santiago de Compostela, aínda que naceu en Celanova. Chegará a Bueu o sábado para a gala final do festival para presentar Nocturnio de Celanova, un vídeo musical animado apoiado no poema Nocturnio de Manuel Curros Enríquez na versión de Luis Emilio Batallán.

- Por que elixiu o poema de Curros Enríquez?

-Levaba tempo querendo facer algo relacionado con Celanova e atopeime, por casualidade co poema, cando o vin máis polo miúdo dinme de conta de que coa súa estrutura podíase facer unha curta.

-En animación...

-Era o máis adecuado, ademáis un dod actores é un sapo, e non é doado de atopar na realidade...

-A animación en Galicia goza de moi boa saúde, cando envía os seus traballos como llos reciben?

-Grazas ás boas producións galegas no eido da animación, cando participas nalgún concurso de fóra, ó ver que procede de Galicia xa o ven doutra maneira.

-Coa cantidade de versións musicadas que se fixeron de Nocturnio, que o levou a decantarse pola de Luis Emilio Batallán?

-En efecto, hai moitas, simplemente era a que máis me gustaba.

-Coñecía o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu?

-Non entereime de que se celebraba por internet. O público o que vai dirixido Nocturnio de Celanova é esencialmente o galego e ata o de agora presenteino en institutos e colexios. Non coñecía a ninguen de Bueu, polo que a maneira de coñecelo que tiven foi a súa difusión pola rede.

-Nunca estivo nesta zona?

-Pola zona si pero nunca antes visitara Bueu, irei o sábado para a final do festival.

-Que espectativas trae ó FIC?

-A verdade é que nunca vou coa idea de gañar, fago as curtas coma una forma de expresarme porque me dedico ó mundo do audiovisual.

-En canto a proxectos futuros, gustaríalle facer algo en concreto?

-Un día gustaríame chegar a realizar, polo momento o que fago é ir aproveitando as oportunidades que se me presentan e traballo como guionista.