Avelino González, Coautor e actor de "Vento Mareiro": "Na obra saímos a por todo para non aburrir"
Mar Mato / mOaña
Avelino González dálle a todo e non entendan mal. Ademais de ser simpático de por sí, ten sido actor en series como "Mareas Vivas", "Cuéntame", "As leis de Celavella" ou "Hospital Central". No cinema, tamén incou o dente a curtas e longametraxes. Pero é o teatro onde ten colleitado os maiores éxitos: dous premios María Casares 2004 recibidos como mellor actor e mellor texto orixinal por "Bicos con Lingua". Agora, chega a Moaña para mostrar "Vento Mareiro", como coautor e narrador dunha homenaxe ao mar e ás súas xentes. Os Circuitos Teatrais non podían ter mellor clausura esta noite en As Barxas, ás once.
- ¿Que presenta en "Vento Mareiro" Avelino González & Cuarteto Caramuxo?
- É un espectáculo teatral que conta as historias de mar apoiadas por músicas en directo. As palabras contan aspectos épicos e a música encárgase das emocións. Son contos vividos, con fonte na propia ría de vigo. Abre a obra unha historia dunha baleeira e segue con outra dunhas cuberterías en casa de Cangas e Moaña procedentes dun barco que encallou preto, tamén hai contos da pesca do Gran Sol. E, logo tamén se fala da xente do mar que tipo aventuras de película, dignas de Julio Verne.
- Con esa carta de presentación, o éxito está asegurado.
-O éxito non o sei pero a cercanía coa xente, sí. Son historias da mente e outras do corazón e da boca que un, a veces, non lle dá importancia.
- "Vento Mareiro" chega a Moaña como o espectáculo máis representado en Galicia, o de máis éxito do ano.
- Iso é contrastable. É verdade porque é o máis representado na comunidade en número de funcións. Pero, despois está o éxito de público que é máis relativo porque habería que sumar as presenzas de persoas.
- Véxoo recollendo outro premio María Casares.
- Non creo. Este ano está duro porque Sarabela Teatro estrenou espectáculo con texto de Manuel Rivas; e tamén está Teatro do Adro con "García"... Oxalá nos dean un premio. Se nos dan un galardón será o ano próximo cando a obra xa non estea en escea.
- En Galicia, duran pouco en carteleira as obras.
- Os espectáculos duran pouco porque a forma de distribuír o teatro é un pouco kafkiana. Os espectáculos de éxito non teñen vida porque morren nun ano.
- Un bo día, un autor teatral como vostede acorda e decátase de que ten un premio María Casares baixo o brazo, ¿Que ocorre despois?
- Queda todo igual. Por desgracia, o María Casares non ten trascendencia palpable. Sería importante que gañara en trascendencia. É un traballo no que se está. Gáñalo pero non significa ter máis traballo ou funcións. É o que ten o teatro, que é efémero.
- A súa obra ten de case todo... pero fáltalle o baile.
- É o que nos falta. A ver se o público se anima. Con nós, o bo momento está asegurado. Saímos como os artistas do circo, ¡a por eles!, para que non se aburra ninguén.
- Muere de repente un vecino de Bueu en la rampa del muelle
- Herido al volcar su coche e impactar contra otros dos en la PO-551 en Moaña
- Revientan el portal de una ferretería de Cangas para llevarse motosierras
- La lonja de Bueu registra una caída de 375.000 euros por la crisis del pulpo
- Cangas otorga chiringuitos de playa por cuatro años y excluye Melide por los accesos
- Se incendia el tejado de una casa en el barrio de O Casal, en Moaña
- El ámbito de Pedra Alta en Cangas ya tiene asociación
- Comenzó la tala de árboles en las fincas que rodean la residencia de Aldán