SALVADOR DEL RÍO, Actor membro do elenco de Teatro de Ningures: "Facer a Moliére é un exercicio moi delicado, para equilibristas"
M.G. / moaña
O Tartufo da compañía Teatro de Ningures volve ós escenarios da comarca e faino hoxe sábado dentro dos Circuitos de Moaña. A representación está prevista ás 23.00 horas no salón de actos do Instituto As Barxas. Salvador del Río, que interpreta ó beato Orgón, fala da obra e dos plans de futuro da compañía galega.
- A de hoxe será a quinta representación de Tartufo na comarca, ¿non supón iso un hándicap?
- É a primeira vez que o facemos en Moaña e é unha praza distinta. O público que vai a Cangas y a Moaña é diferente e aquí hai público para velo, espero que sí. Con todos os espectáculos facemos o mesmo e nunca notamos un baixón.
- ¿Que destacaría da versión de Xosé Manuel Pazos da obra de Moliére?
- É unha versión que respeta a palabra e o espíritu de Moliére pero cunha serie de actualizacións. Moliére partía dunha serie de guiños á sociedade da súa época e nos facemos bastantes guiños a nosa sociedad, respetando o fundamental do texto, aínda que está un pouco cortado. Hai unha actualización da linguaxe e máis gags que cheguen á xente. Despois está a versión ó galego. Pasar un clásico como Moliére ó galego sempre é un reto, e intenta enriquecer a literatura galega.
- ¿É como valoran a reacción do público ante ese reto?
- Nunca chove ó gusto de todos, é normal, pasa con todos os espectáculos. Penso que o público o pasa ben, nos chegan as risas, e hai comunicación co espectador. Facer a Moliére é delicado, é un dos autores máis delicados. Aproveita a comedia e a risa para facer crítica e ese é un exercicio moi delicado e para equilibristas.
- ¿Traballa xa Teatro de Ningures nun novo proxecto?
- Empezamos a montar para estrear a principios de 2006 a novela "Misericordia", de Benito Pérez Galdós. Trata a historia dunha criada de principios de século nunha casa ben e fala da pobreza, da emigración. Escollemos a obra porque ten a estética valleinclanesca.
- Muere de repente un vecino de Bueu en la rampa del muelle
- Revientan el portal de una ferretería de Cangas para llevarse motosierras
- La lonja de Bueu registra una caída de 375.000 euros por la crisis del pulpo
- Cangas otorga chiringuitos de playa por cuatro años y excluye Melide por los accesos
- Se incendia el tejado de una casa en el barrio de O Casal, en Moaña
- Un limón y medio limón en Vilariño.
- Comenzó la tala de árboles en las fincas que rodean la residencia de Aldán
- Los Concellos de O Morrazo dan la espalda a Elon Musk