Así foi a proxección da peza que documenta o galeguismo nos anos 50

-
Filmacións inéditas que datan de comezos dos anos 50 e que amosan a intelectualidade galeguista, con Otero Pedrayo, Cabanillas, Illa Couto e Francisco Fernández del Riego nas cidades de Vigo, Pontevedra ou Compostela en diversos actos culturais, acaban de ser salvadas do esquecemento e do mofo do tempo no documental “Rescatada. 68 anos agardando a memoria filmada”. Trátase dun documento histórico filmado en 1951 e 1952 e procedente dos arquivos da familia Beiras Cal que foi recuperado do esquecemento por Miguel Piñeiro e o equipo da produtora “Atlantis Multimedia”