A semana pasada, chamei ó Concello para preguntar como facer o pagamento do imposto de rodaxe. Cal foi a miña sorpresa cando me atende un señor ao que lle fago a sinxela pregunta sobre o aboamento deste imposto que eu, como novo membro da comunidade tudense, teño a obriga e estou disposto a pagar para obter os servizos correspondentes. O certo foi que este empregado, xa veterano, coméntalle directamente ó compañeiro: Hay que tener ..., ahora la gente se dedica a preguntar dónde hay que pagar el impuesto de rodaje".

Eu, acto seguido, lle pregunto que é o que está a dicir, co que despois dun breve silencio me responde: "No estoy hablando contigo", e para colmo deste feito, trato de pedirlle unha explicación do que lle acabo de escoitar, ante o cal o único que foi capaz de artellar foi repetirme: "No estoy hablando contigo".

E ante tal carencia de argumentos, acabou por colgarme o teléfono. ¿Que se lles ocorre ante esta miserable actitude? ¿É este o traballo a desenrolar cara ós cidadáns, ou máis ben e dárno-la información axeitada en cada momento co debido respeto? Dende logo sei que neste concello hai tamén boa xente. ¿Será suficiente con que os veciños lean esta carta na prensa? Polo visto, estoume decatando que somos moitos os tudenses desencantados con este departamento.

Daniel González Álvarez - Tui