- ¿Para facer esta primeira escolma que criterios seguiron?

- Na nosa base contamos con 30.000 candidatos a neoloxismos, algúns deles castelanismos que deben excluírse. Para este diccionario en papel escollemos con dous criterios: a repetición ó longo do tempo das palabras, e aquelas que representan mellor a innovación e demostran a conexión do galego coas novas tendencias. Agora queremos poñer o diccionario na rede, e actualizalo permanentemente.

- ¿Como xurdiu a idea de crealo?

- Temos unha materia de Neoloxía, que introduciu a catedrática Camino Noia e que eu impartía. No momento de preparar as clases deime conta do nacemento destas novas palabras, e empezamos a traballar. Estamos en contacto estreito cos cataláns e participamos nun proxecto europeo de análise en linguas románicas.