Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Fillas de Cassandra Dueto musical vigués formado por María SOA e Sara Faro

«Este momento é unha cousa que estivo no imaxinario de Fillas desde que naceu»

«Oxalá unha segunda vez, pero con todas as horas posibles para facer aquí o que queiramos»

Fillas de Cassandra: «Este momento é unha cousa que estivo no imaxinario de Fillas desde que naceu»

Jose Lores / Jose Antepazo / Pedro Fernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vigo

Fillas de Cassandra debutou este domingo na última canción de Castrelos, dentro do festival FNAC Live Vigo. O dueto vigués formado por Sara Faro e María Soa declaraba que subirse ao escenario do emblemático auditorio da cidade olívica era o «soño» da súa vida. Minutos antes de cumprilo, as artistas falaron con FARO sobre o que significaba este concerto para elas e cal eran as súas sensacións.

Que significa para vostedes actuar por primeira vez en Castrelos?

Sara Faro: Imaxínate, é un soño vital.

María Soa: Ademais, estamos aquí ao lado do parque que nos viu crecer, no que xogamos tantas veces e onde estivemos escoitando tantos concertos e, de repente, hoxe tocamos.

Imaxináronse algunha vez este momento?

S: Si. A verdade que este momento é unha cousa que estivo no imaxinario de Fillas desde que naceu e que hoxe se volve tanxíbel.

M: Dende logo que si.

O concerto vai estar adicado ao meu pai, que xa non está. Vai ser moi especial

María Soa

— Vocalista de Fillas de Cassandra

María, vostede comentaba que dende nena viña a Castrelos coa súa familia e amizades. Que lembranzas gardan deste emblemático auditorio de Vigo?

M: Eu lembro estar coas miñas amigas agardando na fila para ver dende OT1 ata Juanes e grupos mais de agora, a todos. Daba igual o grupo, en realidade era vir a Castrelos coa túa familia e coas túas amigas para disfrutar do espazo e da túa cidade.

S: Era como o check de que estabamos en verán e de que era o momento da música.

Así viviron Fillas de Cassandra o seu primeiro concerto en Castrelos

Jose Lores / Jose Antepazo / Pedro Fernández

Como foi preparar este concerto tan sinalado?

M: Temos muitos concertos e sabiamos que este era mui especial, aínda que a Tertulia de por si xa é moi especial. Levamos un par de semanas a tope para preparar esto.

Como se sentiron na proba de son?

S: Foi dificil ata o ultimo momento.

M: Ata hai cinco minutos aínda cambiamos algunha cousa. Queres que estean todas as cancións, así que oxalá unha segunda vez, pero con todas as horas posibles para facer aquí o que queiramos.

Acabaremos de asimilalo de todo unha vez baixemos e digamos: «aconteceu, agora si»

Sara Faro

— Vocalista de Fillas de Cassandra

Está acontecendo todo a gran velocidade.

M: Estamos moi apuradas. A min non me deu tempo nin de saludar a Sara case.

S: Real, chegaches e eu: «María, monta o bombo!».

M: Ao final hoxe somos tres grupos. É unha pasada poder compartir con Eladio e The Rapants, pero claro, eso fai que vaiamos a toda pastilla.

Os seus familiares e amigos van estar aquí para acompañarvos nesta data tan especial. A piques de saír ao escenario, que sensacións teñen?

S: Estamos moi emocionadas de que poidan estar aqui con nós compartindo este momento.

M: Si, ver a todas as amigas que sabemos que van a estar, as avoas, a nai... Non podían faltar. Vai estar adicado ao meu pai, que xa non está. Vai ser moi especial porque van estar dalgún xeito todas.

Están nerviosas?

M: Eu na hora da siesta palpitaba, pero despois xa estás aquí e dis «vamos para diante».

S: Si, sobre todo despois de comer, pero xa está controlado.

Vigo. Preparativos de Fillas de Cassandra para su concierto en Castrelos

Fillas de Cassandra, xunto ao equipo de baile, na proba de son. / Jose Lores / FDV

Xa asimilaron que van actuar hoxe en Castrelos?

S: Eres consciente unha vez que estás facendo a proba, pero acabaremos de asimilalo de todo unha vez baixemos e digamos: «aconteceu, agora si».

Cal é o momento que esperan con máis ansia?

S: Eu creo que a saída, en canto comece o concerto.

M: Eu creo que o final. É ese momento como agridoce de que se está rematando, pero xa estás como na casa enriba do escenario. Apetéceme moito.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents