Entrevista | María Soa Vocalista de Fillas de Cassandra
«Actuar en Castrelos é o soño da nosa vida, vai ser un concerto moi especial»
«A xente se ve representada nas nosas vivencias»
«Sabiamos o que estabamos a facer e estabamos alucinando coas cousas que estaban saíndo»

As vocalistas da banda galega Fillas de Cassandra: Sara Faro (izda.) e María Soa (dta.) / Arancha Brandón
Vigo é unha cidade especial para Fillas de Cassandra e este domingo vivirán un deses momentos que quedan na memoria. O dúo formado por María Soa e Sara Faro chega por primeira vez ao auditorio de Castrelos coa xira Tertulia, un concerto que agardan «con ansias».
Despois de actuar en moitos lugares, é a vosa primeira vez en Castrelos. Como viguesas, que significa tocar neste emblemático escenario?
A verdade que actuar en Castrelos é o soño da nosa vida. Agora tocou facer este concerto nesta xira de Tertulia e estamos superemocionadas. Iba a ser benvido este escenario cando fose, pero desde logo que vai ser un concerto moi especial.
Que dirían as súas tataravoas se as visen cantar alí?
Eu creo que estarían flipando en colores, as nosas avoas tamén. As nosas familias van estar alí. Desde pequeniñas estamos indo a ver concertos a Castrelos coas nosas familias e coas nosas amigas. De repente, ubicarnos nese escenario sendo tamén viguesas é increíble. Entón, eu creo que estarían moi moi orgullosas.
Precisamente nese popular tema, Tataravoa, inclúen un emotivo audio.
Esas son as nosas avoas. Queríamos deixalas aí plasmadas. A verdade é que lles robamos eses audios, foi un pouco a traición, pero elas están encantadas cando se escoitan. As que están, hai outras que xa non están e telas aí para sempre é unha pasada. Poder escoitalas nos concertos cando tocamos esa canción e que sempre estean con nós en tantos lugares onde imos é moi emocionante.
Ese día cantamos unha canción e, a partir de entón, para sempre
Este concerto tan especial para vostedes terá algunha sorpresa?
Si, vai haber algunha sorpresa. Creo que o que máis vai ser impactante, tanto para nós como para o público é vernos nesa situación, nese escenario. Aínda que fose exactamente o mesmo concerto, que non o vai a ser porque van haber cousas moi especiais. Xa só o feito de estar alí, o discurso que imos ter e a quen llo imos adicar, vai ser algo moi emotivo.
Este domingo actúan despois de Eladio y Los Seres Queridos, con quen colaboran en Non Quero Perderte. El deixou a porta aberta a cantala en directo. Poderemos velos xuntos sobre o escenario?
Eladio si que a deixou aberta, pero é certo que ao ser un concerto tan importante, falamos con el porque nos gustaría pisar por primeira vez ese escenario dentro do noso concerto. Entón, temos que estar moi concentradas e creo que nesta ocasión non poderá ser. Convidamos a toda a xente a vivir este momento histórico da nosa carreira e a disfrutar da música galega en Vigo. Agardamos con ansias que chegue o día.
Consideran que o seu último álbum, Tertulia, evolucionou respecto do primeiro, Acrópole, ou marca unha nova etapa de Fillas de Cassandra?
A nivel musical creo que é outra era diferente. É imposible que non sexa unha evolución cara outras cousas porque nos fomos coñecendo entre nós e vivindo moitas cousas enriba e debaixo dos escenarios. Á hora de compoñer somos as que eramos, pero noutro contexto diferente. Quixemos darlle unha volta enorme e probarnos a nós mesmas cantando con novas voces, con novas maneiras de compoñer a letra e dicir as cousas, sen ningunha vergoña e igualmente tendo a moitas referentes. Quizais non da mitoloxía, pero si algunhas que están moito máis preto para dicir claro o que elas dicían. Todas teñen voz, pero dalgún xeito queriamos collelo para seguir falando claro.

O dueto musical vigués, Fillas de Cassandra. / Arancha Brandón
Cúmprense cinco anos dende que se coñeceron nunchas xornadas feministas en Vigo.
Si, ese día cantamos unha canción e, a partir de entón, para sempre.
Xa tiñan antes proxectos por separado, que pasou nese encontro para decidir facer un camiño xuntas?
Si. Cada unha tiña o seu proxecto ao piano, á guitarra, as súas bandas e demais, pero de repente consolidou o que queriamos facer. Nese encontro. non houbo tarde suficiente que nos dera para empezar a falar e para poñernos en común tanto a nivel musical como entre as persoas.
Esperaban o éxito que está a ter Fillas de Cassandra?
Realmente nós sabiamos o que estabamos a facer e estabamos alucinando coas cousas que estaban saíndo. Tiñamos moita confianza en que o que estabamos facendo era unha pasada, o que non tiñamos era a pretensión de facelo chegar a todos os sitios onde chegou finalmente. Para nós é increíble.
Convidamos a toda a xente a vivir este momento histórico da nosa carreira e a disfrutar da música galega en Vigo
A música en galego está vivindo unha época dourada. Cada vez máis xente a consume e o curioso é que este fenómeno non acontece só en Galicia, transcende as fronteiras.
Si. Realmente agora xa é un momento no que a música se escoita pola música en si, non porque sexa en galego e se meta toda dentro dese cupo.
Sempre teñen moi presente a identidade, as raíces e unha mirada feminista. Foi algo claro dende o principio?
Si. É imposible non ter esa óptica feminista sendo feminista, é de onde partimos.
O público conecta moito coas súas cancións. Cal é a clave para emocionar e conseguir esa conexión?
Dicir o que nos cremos que é a nosa verdade, as nosas experiencias e o noso contexto, non pretender facer dogmas. Ao ser dúas, entre nós falamos moito e chegamos a un montón de debates e conclusións. Contar desde aí xera moitas veces empatía e conexión co discurso porque a xente se ve representada nas nosas vivencias.
Tamén teñen unha colaboración coas Tanxugueiras, Quen é a que canta? Ver a acollida que tiveron deulles pulo a seguir facendo música en galego?
Si. Nós admiramos moitísimo o traballo das Tanxugueiras. Eu as coñecín co disco de Contrapunto e creo que Sara tamén. Xusto estabamos no momento no que Baiuca estaba facendo toda a parte máis electrónica e onde as Tanxus foron ao Benidorm Fest. Cadrou nun momento de composición no que nos estabamos coñecendo e creo que a escea que se creou impulsounos a todos a seguir para diante moi forte.
Algunha vez se plantexaron participar nun concurso dese tipo, coma o Benidorm Fest?
Verdadeiramente non, pero creo que depende moito do momento e das circunstancias. Que elas foran e levasen o idioma, a nosa cultura e a nosa identidade foi increíble, máis aló do concurso en si. Foi un ano espectacular no que estaba Rigoberta Bandini falando das tetas claramente, pero nós non avogamos moito polos talent shows, nin por ser xurado, nin todo o que implique competición.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una familia lleva a los tribunales el traslado a Ourense de un paciente psiquiátrico ingresado ocho años en Vigo
- El joven que emigró desde Colombia, durmió en cajeros y ahora busca una vida mejor en Vigo: «No quería volver a la calle»
- Así queda el cruce de la avenida de Madrid de Vigo tras suprimirse la polémica «turboglorieta»: ojo al nuevo cambio de sentido
- El Concello de Vigo plantea extender el «efecto Halo» al nuevo Navia y conseguir «coser» al fin el barrio con el resto de la ciudad
- La DGT confirma para octubre el cambio que revolucionará el tráfico en Vigo: peatones y conductores no circularán a la vez
- Adiós a la controvertida rotonda de la avenida de Madrid de Vigo: vuelven los semáforos y una sorpresa por desvelar
- Cuatro meses de prisión por construir sin licencia una casita para invitados en Baiona
- El aeropuerto de Vigo se abona a los chárter: capta vuelos a Colonia, Marrakech, Praga, Montenegro y Cabo Verde