Conciertos en Castrelos | Xaquín Martínez Maceiras Batería de The Rapants
«A nosa é unha música moi propicia para facer o amor»
O cuarteto de Muros debuta no Auditorio de Castrelos no FNAC Live deste domingo con Fillas de Cassandra e Eladio y los Seres Queridos
Teñen claro o éxito dos grupos galegos nos festivais do resto de España: «Hai que apostar primeiro aquí para que vexan que funciona»

Concerto de The Rapants na Praza da Quintana durante as festas do Apóstolo deste mes de xullo. / Santiago Esturao Alzate

—Este ano xa levades Riazor, Fontes do Sar, Monte do Gozo, PortaAmérica e agora Castrelos, que se cadra era un dos grandes escenarios de Galicia que vos faltaba por facer. Como afrontades este concerto, tendo ademais esa responsabilidade de pechar os do “Vigo en Festas” deste verán?
Nós aínda estamos flipando un pouco co de Castrelos, porque algo que nos facía moitísima ilusión desde desde fai moitísimo tempo, sabendo da responsabilidade que que supón estar nun escenario como este, despois de que pasaran artistas tan grandes por aí. Tamén que a responsabilidade é por fin ser un deses grupos galegos afortunados de estar nese espazo.
—Gardades algún recordo doutros artistas en Castrelos?
Eu acórdome o ano pasado de ver a Trueno alí e flipara. Antes fora a Castrelos, pero non a ver concertos. Fora a ver alí o espacio e tal e si que sabía que se facían concertos, pero o de Trueno do ano pasado flipoume. E Samuel si que foi algunha vez porque veraneaba moito en Vigo que os padriños son da zona.
—Estades facendo unha chea de bolos, mínimo dous por semana, e con moitos kilómetros de por medio. Canto durme un rapante de xira?
O único que dorme creo que son eu, que me paso case tódalas viaxes durmindo, e algunha de resaca tamén. Samuel e Matías están moi implicados no rollo da loxística e e da condución e sempre se ofrecen moito a conducir. Xanma un pouco menos tamén é bastante durmilón, pero máis desperto ca min. Pero lévase ben.
—O disco de Rapants Club xa está piques de cumplir seis meses. Que canción tiñades a sensación de que estaba un pouco tapada no disco e agora nos directos está triunfando máis?
Para este disco non notamos que haxa ningunha canción que estea máis tapada que outra. Creo que todas funcionan moi ben ata agora, teñen todas unha reproducción moi equitativa entre si, é super boa sinal e é moi difícil de conseguir. De discos anteriores hai algo con La Mítica e La Noche que teñen unha forza no directo quee funcionan super ben. Non sei se é porque non a plasmamos igual no disco. Cando estamos facendo os repertorios para adaptalos a 45 minutos pensamos en qué quitar, e esas non se poden quitar.
—Hai parellas que xa vos din aquilo de que se coñeceron nun concerto voso ou un tema é a súa canción?
Dínolo moito e de feito houbo polo menos unha pedida de man nun concerto que nos presenciaremos e invocáramos. Hai xente que nos fala que xa levan anos xuntos e que están a raíz de nós. Eu creo que tamén é unha música moi propicia para facer o amor. Xa dicían antes que aos concertos de The Rapants se ven a morrear, non sei se tanto pero… (ri).
—Sodes un dos poucos grupos galegos que que tocou en Balaídos en Riazor para ambas afeccións, tendo representantes dos dous clubes dentro da formación. Como ides vivir o retorno á primeira do derbi?
Espero que no campo. Foi un privilexio enorme tocar para os dous equipos. Somos unha formación de catro e cada un ten os seus gustos. Eu por exemplo son máis imparcial, son moi futboleiro pero non son quen de elixir. E tampouco quero. Cando vou a Balaídos encántame a vivir. A pregunta sería cando sexa o derbi que sinto.
—Antes falaba do Sonorama, onde tamén actuou Ortiga. Tamén vemos a Mondra, De Ninghures, Fillas de Cassandra… xa non é case noticia ver aos grupos galegos por toda España. Quen ten o mérito: artistas, público ou promotores?
Eu creo que é un conxunto de todo, pero si hai algo aí que destacar é a calidade do dos espectáculos, dos shows de de cada grupo que realmente non teñen nada que envexar a ao resto de bandas. Xa me parece un motivo máis que suficiente para que por fin estemos en tódalas comunidades. Hai moi bo nivel.

Concerto de The Rapants no Emigrason 2026 / Pablo Vázquez Varela
—Antes sempre tiveron fama os grupos valencianos, con ZOO ou La Raíz, os cataláns… pero no caso galego non era tan habitual saír fóra. Houbo unha mudanza de pensamento nos propios grupos?
Isto é unha industria. Os festivais que apostan por unha banda galega non é por un sentimento de raíz, de cultura do noso. Cada vez se consume máis música en galego e saen on os números. No Apóstolo, no Noroeste con moitísimos grupos e os ves sempre cheos. Ao final vanse enterando fóra. Hai que apostar primeiro aquí para que vexan que funciona. Como cando aquí traíamos a ZOO e estaban todos cheos.
—Non é habitual ver grupos galegos en Castrelos e vai ter un punto de xornada histórica.
Espero que si, xa van bastantes entradas vendidas. Si que é un fastidio que nos coincida co primeiro partido de Liga do Celta en Balaídos. Tamén é cambio de quincena que para os que traballamos en hostelería é o día de descanso no verán. Nós ímolo vivir a tope, cónstame que Fillas e Eladio tamén, imos con todo.
Entradas dispoñibles
Aínda hai entradas á venda para a platea por 10 euros na páxina oficial do Concello. O concerto de The Rapants dará comezo ás 23.15 horas.
.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una familia lleva a los tribunales el traslado a Ourense de un paciente psiquiátrico ingresado ocho años en Vigo
- Así queda el cruce de la avenida de Madrid de Vigo tras suprimirse la polémica «turboglorieta»: ojo al nuevo cambio de sentido
- «Cosas que no tienen sentido en Vigo»: la retranca de este creador de contenidos que conquista las redes
- Una ruta «de verano» para un frío invierno: el aeropuerto de Vigo gana un vuelo por Navidad
- Dos detenidos en Vigo en pocas horas: uno cuando intentaba entrar en un bar y otro que huyó con tarjetas robadas
- El mercado de la compraventa de vivienda en Vigo confirma su frenazo: las transacciones siguen en caída libre ante unos precios disparados
- Bloqueado el tráfico ferroviario entre Vigo y Santiago
- Vía libre del Concello de Vigo al Celta para explotar el estadio de Balaídos: «Es un momento histórico»