Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lingua galega

O BNG propón un plan para impulsar o galego no comercio local de Vigo e crear unha Oficina de Dereitos Lingüísticos

A fronte nacionalista defende o idioma como «unha marca de calidade» no comercio de proximidade e pide accións ao Concello tras coñecerse un caso de discriminación lingüística nun establecemento da cidade

Gente paseando en la calle Príncipe, la milla de oro del comercio vigués.

Gente paseando en la calle Príncipe, la milla de oro del comercio vigués. / Alba Villar

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Vigo xa ten enriba da mesa unha porposta para blindar o uso do galega na cidade. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) traslada ao Goberno local unha batería de propostas para que o Concello actúe como un «agente implicado» na normalización do idioma propio na maior cidade de Galiza. Entre as principais medidas, a fronte soberanista expón a creación dun plan de apoio específico para o comercio de proximidade e a posta en marcha dunha Oficina Municipal de Dereitos Lingüísticos. O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, xustificou esta iniciativa pola «moi preocupante situación que atravesa a lingua galega» na urbe.

Desde a formación consideran que a rede de pequenos e medianos establecementos e os servizos de proximidade son un espazo estratéxico para estender o uso social do galego. Por iso, o plan formulado polo BNG busca incentivar tanto a atención á clientela no idioma propio como a rotulación dos locais.

«Trátase de promover a lingua como unha verdadeira marca de calidade, fomentando o seu uso no ámbito comercial e a súa utilidade para identificar produtos e servizos de proximidade», salientou Igrexas, quen puxo o foco no comercio «que vertebra a cidade e dinamiza os nosos barrios e parroquias».

Garantía de dereitos tras un episodio de discriminación

A segunda gran liña de actuación que reclama o BNG é a creación dunha Oficina Municipal de Dereitos Lingüísticos. A proposta chega despois de que saíse á luz un grave caso de discriminación por razón de lingua denunciado por unha clienta nun comercio da cidade.

Igrexas explicou que este novo órgano tería como obxectivo ofrecer asesoramento e apoio á cidadanía e promover accións que garantan que calquera persoa poida expresarse e ser atendida en galego. «Do que se trata é de despregar medidas concretas para garantir o dereito de todas as viguesas e de todos os vigueses a poder vivirmos plenamente no noso idioma todos os días do ano, en todos os ámbitos e en todas as situacións», concluíu o portavoz nacionalista.

Tracking Pixel Contents