Xestión municipal
O BNG denuncia «novos peches» nos ximnasios municipais de Vigo durante o verán

Filipe Abalde.
O BNG de Vigo denuncia a intención do Goberno local de pechar ximnasios municipais durante o verán. A fronte nacionalista asegura que o Concello prevé clausurar a instalación deportiva do Berbés durante todo o mes de xullo e limitar a apertura do ximnasio do Carme ao horario de mañá, unha situación que, segundo alerta, podería repetirse tamén en agosto. O concelleiro do BNG Filipe Abalde trasladou esta cuestión na Comisión Informativa desta semana ao edil de Deportes, Manel Fernández, sen obter resposta, segundo explicou a formación. Ante esta situación, o grupo municipal levará o asunto ao Pleno convocado para este luns, onde reclamará explicacións e pedirá unha rectificación para evitar que as persoas usuarias dos ximnasios municipais «volvan ser castigadas» con novos peches.
Abalde preguntou «ata cando o Goberno de Abel Caballero vai seguir a tomarlle o pelo ás e aos deportistas de Vigo» e acusou o concelleiro delegado de Deportes de «antepoñer a propaganda ao deporte de base». Para o edil nacionalista, esta situación «evidencia unha preocupante falta de planificación e respecto polas persoas usuarias das instalacións deportivas».
O BNG lembra tamén os «graves prexuízos» que, ao seu xuízo, sufriron clubs e deportistas polos peches de instalacións como o complexo deportivo das Travesas e as pistas de atletismo durante os meses de maio e xuño. A formación vincula estes peches co «despropósito» do desfile das Forzas Armadas celebrado en Vigo o pasado 30 de maio e coa «decisión unilateral» do Goberno local, que obrigou, segundo sinala, a suspender ou trasladar competicións, adestramentos e actividades deportivas.
«Cando aínda non se recuperou a normalidade tras aqueles peches, o Concello anuncia novas limitacións e clausuras durante o verán, privando á veciñanza do acceso a uns servizos polos que paga e aos que ten dereito», lamentou Abalde. O concelleiro do Bloque censurou ademais que o Executivo local estea, segundo dixo, «máis preocupado polos grandes eventos que polo deporte popular».
A fronte nacionalista reclama que o Goberno municipal explique os motivos destes peches, detalle o número de persoas afectadas e concrete que medidas compensatorias prevé adoptar para reducir o impacto sobre usuarios e clubs deportivos. Abalde remarcou que Vigo precisa «máis mantemento nas instalacións deportivas e máis apoio ao deporte de base» e concluíu que «sobran máis faltas de respecto aos deportistas por parte deste Goberno municipal».
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- La calle más poblada de Vigo tendrá en primavera un gran «macroparque»: puesta la primera piedra de la obra
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde
- Muere una mujer de 60 años tras caer en un pozo y electrocutarse en Vigo
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Un nuevo gigante emerge en la costa de Vigo: avanza la construcción de «Alto de Bouzas» con 15 pisos de altura