Política municipal
O BNG de Vigo rexistrará a solicitude para convocar o Debate sobre o Estado da Cidade
A fronte nacionalista reclama que Abel Caballero compareza nun pleno monográfico para avaliar a situación municipal e render contas da súa xestión

Os concelleiros do BNG Xabier Pérez Igrexas e Ana Martínez. / FdV
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de anunciar que rexistrará formalmente este martes a solicitude para convocar o Debate sobre o Estado da Cidade. A formación nacionalista reclama a celebración dun pleno monográfico no que se analice a situación municipal e no que o alcalde, Abel Caballero, someta a súa xestión ao contraste dos grupos da corporación. O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, defendeu que este debate «non é un favor que o alcalde lle poida facer ou non á oposición», senón «unha obriga democrática e unha oportunidade para fortalecer a calidade da vida pública». Ao seu xuízo, debe ser «un espazo para que a cidade se mire ao espello, para avaliarmos o que funciona, o que non funciona e o que cómpre corrixir».
A fronte nacionalista considera que Vigo non pode seguir sendo, segundo a súa valoración, «unha excepción permanente» no conxunto das grandes cidades galegas, nas que si se celebran con normalidade debates periódicos sobre a situación municipal. Igrexas instou o alcalde a abandonar o que cualificou como «encastelamento covarde» e a comparecer nun debate público sobre a evolución da cidade. Para o portavoz nacionalista, resulta «incomprensible» que Caballero continúe evitando «un debate en profundidade sobre a situación real» de Vigo.
O edil do BNG sostén que «non abonda coa propaganda, cos anuncios ou cos monólogos» e defende que a democracia municipal require mecanismos de control e rendición de contas máis alá das eleccións. «Democracia é moito máis que votar cada catro anos, esixe diálogo, rendición de contas e vontade de responder ás preguntas que a cidadanía ten sobre os problemas que segue padecendo a cidade», afirmou. A solicitude do BNG busca abrir un debate político sobre os principais asuntos pendentes da cidade e sobre a acción do goberno local, nun formato que, segundo a formación, permitiría contrastar propostas, avaliar compromisos e abordar os problemas que afectan á veciñanza.
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada
- Vigo acelera su proyecto para convertir las Cíes en geoparque de la Unesco y avisa: «Después seremos Patrimonio de la Humanidad»
- Una boda con Obi-Wan Kenobi, Xena y dinosaurios hinchables