Letras Galegas
O Correlingua reivindica en Vigo «unha revolución» a favor do galego
Multitud de mozos e mozas mobilizáronse desde a Praza do Rei ata o parque de Castrelos

Os participantes, antes de chegar á Praza América.
Unha multitude de mozos e mozas participaron en Vigo nunha nova edición do Correlingua, a iniciativa de promoción do galego que percorre diferentes localidades de Galicia baixo o lema «Co galego no corazón, facemos revolución». Os participantes saíron da Praza do Rei e chegaron ata o parque de Castrelos. Reivindicaron o uso da lingua galega a través da música, leuse un manifesto e gozaron de distintas actividades lúdicas e educativas.
O manifesto desta edición chama á mocidade a «facer revolución» desde o compromiso coa lingua propia. «Chegou a hora da revolución! E é cousa nosa», proclama o texto, que defende o galego como parte da cultura, da identidade e do futuro de Galicia. Nel tamén se apela á necesidade de romper prexuízos e garantir que «ningunha lingua quede muda», facendo fincapé na importancia de transmitir o idioma ás novas xeracións.
O lema deste ano, escollido entre centos de propostas presentadas por alumnado galego, resume esa mensaxe de defensa activa da lingua: «Co galego no corazón, facemos revolución». A organización do Correlingua destaca que a campaña busca reforzar o uso do galego entre a infancia e a mocidade nun contexto de perda progresiva de falantes novos. Os rapaces pasaron por Camelias, Praza de América e a avenida de Castrelos.

Os participantes, na Praza do Rei. / FdV
A edición de 2026 comezou o pasado 5 de maio en Santiago de Compostela e celebrou actos tamén na Coruña, Moaña, Monforte de Lemos, A Estrada, Narón, Ourense, Ribadeo, Pontevedra e Lalín, converténdose unha vez máis nunha das maiores mobilizacións escolares en favor da lingua galega. A quenda de Lugo será o 27 de maio. En Vigo, a presentación fíxoa Fran Rei e actuaron Música Miúda e Zeltia Irevire.
Suscríbete para seguir leyendo
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Galicia pierde casi dos décimas en la primera PAU más competencial y su alumnado se estanca en el furgón de cola
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- El pesquero gallego «Pepe Barreiro» queda encallado tras un incidente subiendo a la grada del astillero J. M. Armada
- Hoy se publican las notas de la PAU en Galicia: cómo y cuándo reclamar correciones y qué posibilidad de éxito tienen
- El personal del Meixoeiro, en taxi a trabajar
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
