Letras Galegas
A homenaxe en Vigo a Begoña Caamaño: «Escribía para mover o mundo»
Vigo celebrou o Día das Letras Galegas con decenas de actividades en diferentes puntos da cidade. O acto central tivo lugar en Porta do Sol

Caballero, na Porta do Sol, con músicos da Etrad, Anxo Pintos e as concelleiras Carmela Silva e Olga Alonso.
“Begoña Caamaño non escribía para decorar o mundo. Escribía para movelo». Foi unha das frases clave do bando do Día das Letras Galegas celebrado en Vigo, redactado por Anxo Pintos, presidente da Fundación SonDeSeu e director da Escola Municipal de Vigo de Música e Folk Tradicional, a Etrad. Foi quen se encargou de lelo en alto na Porta do Sol, onde se leron textos da autora homenaxeada e actuou esta agrupación musical.
«Faleceu prematuramente. Deixounos dúas novelas, centos de artigos, anos de radio con palabras coidadas e un xeito de estar no mundo que non caduca. Soubo tamén que o idioma non é só vehículo: é territorio, é identidade, é o nome co que un pobo se recoñece a si mesmo», sinalou Pintos antes de apuntar que Begoña Caamaño lembrounos que «nomear é un acto de poder, que escribir é un acto de liberdade, que preguntar é un acto de resistencia».
Pintos comentou que «enfiou toda a súa traxectoria no feminismo. «Nas marchas e nos manifestos, na defensa dun xornalismo público que fixese a cidadanía máis sabia e máis libre. Non era un feminismo de escaparate: era cosmovisión, método, alegría», indicou, á vez que puxo en valor que Begoña Caamaño «viaxou moito e con compromiso». «Dicía que viaxar era ler o mundo sen intermediarios. E volvía sempre con máis e máis preguntas», aseverou.
«Entendeu marabillosamente ben o que significa a palabra»
O alcalde, Abel Caballero, que tamén participou neste acto, enxalzou de Begoña Caamaño a súa forma de «entender tan marabillosamente ben o que significa a palabra, o que significa o verbo, o que significa transmitir, dende a literatura escrita, dende a literatura oral e dende o xornalismo».
Tamén recoñeceu os seus esforzos a prol do feminismo e o seu inconformismo e lembrou que unha praza do Calvario —onde ela naceu—que une a peonil coa rúa San Roque levará o seu nome.
O 17 de maio tamén se celebrou en Vigo coa XIV edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés e o II Concurso Coral Infantil e Xuvenil e con actuacións musicais e teatro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- Giráldez rechazó al Athletic y al Villarreal
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Problemas con el examen de la PAU de Dibujo Técnico en Galicia: profesores piden la dimisión del grupo que diseñó la prueba
- Una ganadería de Rodeiro, entre las diez más productivas de vacuno frisón de toda España
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Revolución en las compras en Vigo: supermercados tradicionales empiezan ya a abrir los domingos
- El histórico ascenso de la Unión Deportiva Ourense a Primera RFEF garantiza un sueldo mínimo de 25.000 euros para 18 jugadores