Día das Letras Galegas
Vegalsa-Eroski homenaxea a Begoña Caamaño en 150 establecementos de Galicia
Lucirán este mes carteis conmemorativos e contarán con bolsas de compra de edición especial sobre a autora

Florentino Vázquez, no centro, con Valentín García (á súa dereita) e Beatriz Caamaño (á súa esquerda).
A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebra o Día das Letras Galegas homenaxeando a figura de Begoña Caamaño nas súas tendas de Galicia. A campaña chega a 150 dos seus establecementos hipermercados Eroski, supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia, con carteis conmemorativos deseñados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, nos que se reflicte a infancia creativa da autora.
Ademais, as tendas contarán durante todo o mes de maio con bolsas de compra de edición especial. Durante o sábado 16 de maio, os establecementos Autoservicios Familia e Eroski Center de Vigo, cidade onde naceu a xornalista e escritora homenaxeada, tamén repartirán marcapáxinas coa imaxe da campaña deste ano ata esgotar existencias. A maiores, o propio día 17 de maio, a compañía activará un sorteo especial no seu perfil de Instagram (@vegalsa_eroski).
Presentación en Portanet
O supermercado Eroski Center de Portanet de Vigo acolleu esta mañá a pegada de carteis coa que a compañía presenta a súa tradicional campaña das Letras Galegas, froito dunha colaboración coa Xunta de Galicia.
O evento contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; a irmá da homenaxeada, Beatriz Caamaño; a académica de número e membro da directiva da RAG, María Dolores Sánchez; e o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski en Vegalsa-Eroski, Florentino Vázquez.
«Desde Vegalsa-Eroski, alentamos a todos os nosos clientes a que lean historias e expandan a súa imaxinación como fixo Begoña Caamaño e non hai mellor forma de facelo que xunto ao marcapáxinas conmemorativo que podedes conseguir nas nosas tendas de Vigo durante este fin de semana», remarcou Florentino Vázquez.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- El personal del Meixoeiro, en taxi a trabajar
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Muere a los 78 años María Isabel Fraga, la hija de Manuel Fraga Iribarne, durante un viaje humanitario en Madagascar
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»