A pegada de Begoña Caamaño nas rúas de Vigo
O BNG organizou un percorrido para medio centenar de persoas por algúns dos sitios máis salientables na vida da escritora

Marta G. Brea
Nas vésperas do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, xa hai toda unha serie de propostas para lembrar a figura de Begoña Caamaño, xornalista e escritora viguesa.
A cidade está repleta de información sobre ela, sobre todo os barrios do Calvario e Coia. O BNG xa realizou dúas mesas redondas: unha adicada ao feminismo que profesaba e outra á súa loita polo dereito á información. Esta mañá foi o percorrido polo Calvario e de aquí a dous días será na zona de Coia. O ciclo pecharase o 5 de xuño cunha mesa redonda.
O escritor, profesor e crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez foi o encargado de guiar o medio centenar de asistentes, sempre acompañado por Bea Caamaño, irmá da homenaxeada. A ruta partiu da libraría Cartabón e pasou por A Cultural, onde a escritora ía a baile de pequena. O guía aproveitou salientar o seu carácter asociacionista.

Unha pausa fronte á antiga casa da escritoria. / Marta G. Brea
O terceiro punto foi un dos máis emotivos. A pausa fíxose fronte á antiga casa (agora cuberta por unha fachada cun mural) da familia Caamaño. Na década dos 60 construíronse en Vigo viais como o da avenida de Samil e planificáronse outros como o de Jenaro de la Fuente, que une Travesía coa rúa Aragón. A zona, repleta de pequenas casas e campos, foi desaparecendo tal e como se concibía. A irmá lembrou emocionada a súa infancia no campo e, mentres o contaba, apareceron dous familiares que continúan habitando a zona a pesar das novas edificacións.
Desde alí fíxose unha parada no Edificio Bandeira e despois cruzouse a praza de Abastos e a rúa do Cristo ata chegar ao IES Castelao. A travesía continuou pola igrexa dos Picos, a Casa dos Agrarios e foi finalizando no edificio do Concello de Lavadores (Pardavila) e na fábrica La Cristina (Barreiro).
O seu nome nunha praza
Desde o Bloque trasladaron ao Goberno municipal a proposta de nomear como praza Begoña Caamaño a confluencia das rúas Aragón, Jenaro de la Fuente e avenida do Aeroporto, como testemuño da súa pegada no corazón do Calvario. “Na cidade hai apenas 40 rúas con nomes de muller fronte ás case 300 dedicadas a figuras masculinas”, subliñaron desde a agrupación.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Luz verde al inicio de la revolución para la Praza de España de Vigo: el Concello aprueba la primera licencia del ámbito
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
