Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Programación

O Concello de Vigo celebrará o Día das Letras Galegas con regueifas, música e lecturas

O acto central terá lugar o 17 de maio ás 12.00 horas na Porta do Sol

Begoña Caamaño, en una sesión de fotos para FARO en 2013.

Begoña Caamaño, en una sesión de fotos para FARO en 2013. / Xoán Álvarez

Quedan pouco máis de dúas semanas para o Día das Letras Galegas, que o Concello de Vigo celebrará cunha programación que se estenderá por varios puntos da cidade. Foi presentada polo alcalde, Abel Caballero. O acto central terá lugar o 17 de maio ás 12.00 horas na Porta do Sol: o director da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (Etrad), Anxo Pintos, lerá o bando e, despois, haberá lecturas de textos da autora homenaxeada este ano, a viguesa Begoña Caamaño, así como unha actuación musical da propia escola.

Os veciños poderán gozar das regueifas o día 17 en Alcabre, Matamá e Valadares. A celebración continuará o 18, 19 e 20 con concertos da Etrad fronte ao Marco. Ademais, o 22 de maio, terá lugar o Correlingua coa participación de centros educativos e, o 23, unha nova actuación de regueifas en San Miguel de Oia. O Concello tamén levará aos colexios o libro «Mulleres nas nosas letras» e material divulgativo sobre a autora.

Programación do Concello polo Día das Letras Galegas.

Programación do Concello polo Día das Letras Galegas. / FdV

A programación complétase durante todo o mes con actividades na biblioteca Neira Vilas, como sesións de contacontos, lecturas públicas, representacións teatrais e a campaña «Begoña Caamaño, a forza das palabras», que inclúe materiais didácticos e un caderno de pasatempos con sorteos de libros. «Queremos que Begoña Caamaño teña a homenaxe da cidade que merece», concluíu o rexedor.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents