Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Debate dos candidatos á rectoría

ETEA, o soño dun polo científico pero con dúbidas

Porteiro e García Mateo ven con recelo o traslado da Facultade de Ciencias do Mar

Vista general de la Etea.

Vista general de la Etea. / Marta G. Brea

Sandra Penelas

Sandra Penelas

Vigo

Ningún dos candidatos dubida de que a ETEA supón unha oportunidade única para converter a Vigo nun dos principais polos científicos e tecnolóxicos do mundo. Pero Porteiro e Gª Mateo expresaron as súas dúbidas sobre as condicións necesarias para o traslado da Facultade de Ciencias do Mar, algo que Rubio defende convencida.

A candidata de H2040 sinala que a integración da formación, a investigación e a transferencia nese enclave privilexiado axudaría a atraer talento e competir con outros ecosistemas de innovación europeos . E convertiría á UVigo nun actor principal en actividades socioeconómicas tan importantes para Galicia como a pesca ou a enerxía azul. «Trátase de construir unha auténtica cidade do mar en colaboración co CSIC e o IEO e por ese futuro imos pelexar», asegura.

Gª Mateo reivindica que o Campus do Mar debe ser o instrumento integrador. «Teremos que pelexar moito porque vai ser moi cara a renovación, pero coa financiación garantizada aí estaremos e negociaremos con todos os axentes implicados a que se dedica cada un dos catro edificios», apunta.

Porteiro tamén subliña que a construcción dun hub en ciencias mariñas supón «unha enorme oportunidade» para que a cidade recupere o antigo recinto militar, pero plantexa reforzalo coas telecomunicacións ou a cuántica, además de botar en falta «un debate interno» en toda a universidade. Respecto ao traslado da facultade, tanto él como Gª Mateo poñen sobre a mesa que desde o centro se pediron á Reitoría certas garantías como a exclusividade do profesorado ou que os alumnos non teñan que desprazarse a outros laboratorios.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents