Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Debate dos candidatos á rectoría

Máis fondos para aumentar a masa salarial e renovar infraestruturas na Universidade de Vigo

O gañador terá que negociar coa Xunta, Santiago e A Coruña o novo plan

Encuentro con los tres candidatos al Rectorado de la UVigo

Encuentro con los tres candidatos al Rectorado de la UVigo / Alba Villar

Sandra Penelas

Sandra Penelas

Vigo

Ao próximo reitor tocaralle negociar coa Xunta o novo plan de financiamento, que coincidirá practicamente co seu mandato. Poderá facer valer a excelencia en investigación aínda que é necesario, coinciden os tres candidatos, potenciar a conexión coa sociedade para transferir ese coñecemento.

I+D E TRANSFERENCIA

J.P. Temos investigadores de recoñecido prestixio a nivel internacional en todos os ámbitos. Para mellorar e ter máis impacto temos que dotarnos de ferramentas que lles permitan centrarse no que realmente marcan a diferencia e evitar a carga burocrática. Tamén hai que ofrecerlles estabilidade e seguridade, para que queden e para que veñan. E temos que darnos a coñecer á sociedade. Hai certas barreiras e unha das nosas ideas é o buscador Atopa I+D, entrenado con toda a nosa productividade, de forna que, cunha linguaxe natural, poidas explicar un problema que queres resolver e a ferramenta che diga que grupo traballa nese tema. E, por último, apoiar aos grupos, centros e institutos, e axudarlles a captar fondos para que poidan competir ao máximo nivel.

B.R. Temos indicadores moi sólidos. E para mellorar esas cifras e, sobre todo, o coñecemento que a sociedade ten da universidade, hai que ir cara ecosistemas de innovación onde se integren todas as nosas capacidades e facer un labor máis proactivo para establecer sistemas de colaboración estables coas empresas como unidades mixtas ou plataformas tecnolóxicas. Xa temos un portal onde figuran os resultados. O problema é que nos falta un punto máis para que a sociedade entenda mellor o que facemos e dar ese salto integrador. Tamén queremos apoiar os grupos que non fan tanta investigación e, por suposto, seguir a senda dos centros que nos posicionan en postos de referencia nos rankings e dos institutos, que os considero como os meus fillos.

C.G. A UVigo é excelente en moitos ámbitos, con proxección nacional e internacional. En clave interna, o tempo é o recurso máis valioso para as persoas investigadoras e iso temos que coidalo moitísimo. É necesaria unha reorganización para que as tramitacións sexan máis áxiles e claras e teñan máis apoio na xestión. A transferencia goza de moi boa saúde e mellorará. O reto é que a sociedade e, sobre todo, as pequenas empresas non vexan a universidade como un monstro. Temos que mesturarnos moito máis.Ao final, os grupos son para moitas Pemes o equivalente a un departamento de I+D. Temos tamén o reto e o mandato da transferencia de cara ás entidades sociais. E outra liña importante é incentivar a colaboración entre disciplinas.

FINANCIAMENTO

B.R. Os plans plurianuais da Xunta permiten organizar unha estratexia dende o principio. Unha das cousas nas que máis imos incidir na negociación é un incremento da masa salarial, porque somos a universidade galega coa porcentaxe máis baixa e tamén estamos por debaixo da media española. Iso é clave para incrementar persoal e facer a remuda xeracional. E tamén habería que facer máis fincapé na parte de investigación e transferencia para poder seguir medrando. Temos boa relación coa Consellería de Facenda.

C.G. Gobernar é priorizar e para iso temos que ter moi clara a situación de partida. O primeiro que faremos será unha auditoría económica. Hai situacións moi similares nas universidades, como a da masa salarial. No caso do PTXAS estamos por debaixo do que deberíamos e tamén necesitamos máis PDI. E temos que estar moi atentos ao peso dos indicadores. O plan ten un número elevadísimo e algúns non teñen o adecuado. Temos que negociar con equipos solventes e en cooperación coas outras universidades públicas, porque as privadas están financiadas por bancos e fondos de investimento, para conseguir os fondos que merecemos. E rendindo contas. E resaltaría a necesidade imperiosa de mellorar as nosas infraestruturas.

J.P. É un momento importante para discutir coa Xunta cal é o modelo de universidade pública ao que aspiramos en Galicia. E iso ten que facerse con lealdade entre as tres para ter un financiamento xusto e que nos incentive a avanzar. Concordo no tema dos indicadores e hai que traballar para un maior recoñecemento da masa salarial, do financiamento estrutural. A UVigo necesita renovar as súas infraestruturas. E para esta negociación temos que presentarnos como una institución sólida e leal ante a Xunta e que Galicia teña universidades públicas punteiras.

O catedrático de Enxeñería Mecánica lidera un programa para «reimaxinar» a UVigo. «Necesita un novo rumbo, un novo pulo e máis ilusión», defende. A pesares de destacar a súa excelencia, aboga por «corrixir eivas» para acadar unha institución «máis áxil, moderna e humana». Se chega á Reitoría, a súa primeira medida sería implantar «o principio de ‘unha soa vez’» como exemplo do modelo que propón.

A actual vicerreitora de I+D está convencida de que pode liderar «un proxecto de futuro» para unha institución á que está «moi agradecida». «Fixen aquí toda a miña carreira e considero que agora me toca a min darlle algo», di. Se obtén o respaldo para facelo, ten claras as primeiras accións: mellorar o transporte e construir residencias estudiantís, reducir a burocracia, dar estabilidade e recoñecemento ós traballadores e facer a a RPT.

A catedrática de Teoría do Sinal ten, neste momento vital, dous referentes, a alta executiva Sheryl Sandberg, que defende que o mundo sería mellor se a metade dos fogares estivesen dirixidos por homes e a mitade de empresas e países por mulleres, e a expresidenta Jacinda Arden. «Identifícome nese liderado feminino sereno. Os tempos son chegados, haberá reitora», sostén. A primeira medida, a reestruturación organizativa.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents