Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Debate dos candidatos á reitoría

Medicina, unha aspiración histórica e compartida polos candidatos á Universidade de Vigo

Belén Rubio (H2040), Carmen García Mateo (Nós Universidade) e Jacobo Porteiro (ConSenso) expoñen en FARO a súa postura sobre a facultade

Encuentro con los tres candidatos al Rectorado de la UVigo

Encuentro con los tres candidatos al Rectorado de la UVigo / Alba Villar

Sandra Penelas

Sandra Penelas

O encontro en FARO deixou ver cordialidade e bo ambiente entre os tres candidatos e os seus equipos, que insisten en que a campaña se desenvolverá baixo as mesmas premisas. A política de persoal –Rubio é a actual vicerreitora de Investigación no goberno de Reigosa– xerou os maiores desencontros entre os aspirantes á Reitoría, que si coinciden ao defender que a UVigo terá, nalgún momento, a súa propia Facultade de Medicina.

Carmen Gª Mateo (C.G.). O sur de Galicia precisa dunha Facultade de Medicina completa. Con grao, mestrados e doutoramento, que é a semente para a investigación. Temos grupos de I+D e estudos cercanos a este campo, equipos integrados no IIS-Galicia Sur e un hospital con persoal que ten vocación docente. Non partimos de cero. Haberá que negociar con igualdade, con transparencia e con datos. Pero é unha demanda da sociedade e unha necesidade real. Mentres tanto, hai un acordo de descentralización e hai que ser respectuosos ao máximo con el.

Jacobo Porteiro (J.P.). Custou moito e hai que recoñecer o esforzo das tres universidades e da Xunta por chegar a un acordo que nos permitise avanzar. Agora temos que esperar ao cumprimento dese plan de distribución da docencia de 4º, 5º e 6º nos próximos tres anos. Hai unha cláusula de saída e se nalgún momento ese acordo non se cumpre Vigo e A Coruña terán preparados os seus graos para solicitar a súa implantación. Iso está acordado. E, por suposto, se me toca ser reitor, seguireino e estarei vixiante de que se cumpre. E senón, por suposto, aspiraremos a unha facultade e a unha titulación propias. É unha aspiración histórica da UVigo dende o ano 91. Se imos ás métricas de tamaño da cidade ou da área sanitaria, Vigo é unha anomalía. Realmente nos correspondería ter esa titulación. Aspiramos a tela, pero por lealdade ao acordado agora temos que esperar a que a descentralización teña lugar como se pautou. Sei que se está avanzando moito na formulación dese grao e estaremos moi atentos. E dentro de tres anos haberá que avaliar como foi esa descentralización e seguir aspirando a incrementar a actividade en medicina, con toda a investigación e a relación cos hospitais de Vigo, Ourense e Pontevedra. E seguir medrando na nosa aspiracion última que realmente é ter unha facultade propia na UVigo.

Belén Rubio (B.R.). Nós propoñemos crear un quinto ámbito de coñecemento na UVigo, o de Ciencias da Saúde, que incluiría titulacións que xa temos e esa posible Medicina do futuro e que daría máis coherencia ao conxunto. Quero felicitar ao reitor Reigosa por esa capacidade de diálogo e negociación que permitiu chegar a un acordo. Creo que é unha boa opción e, dentro de tres anos, teremos que avaliar a situación demográfica e como funcionou a titulación co modelo de descentralización. Podemos pensar tamén nunha titulación compartida. En principio, é unha demanda histórica que dalgún xeito natural acabará caendo polo seu propio peso. Se non chegamos a acordar ningunha titulación compartida, acabaremos montando unha propia. E se Santiago incumpre o acordo, que non creo, xa temos un grao preparado e poderiamos seguir adiante. Ademais, somos a universidade galega que ten máis de 10 millóns de euros de remanente, polo que teriamos solvencia para montar esa titulación de Medicina se fose necesario.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents