O BNG insta a Renfe e Adif que poñan fin ás incidencias diarias no tren de Vigo
O Bloque considera «inaceptábel» que os servizos de Media Distancia e Rexional continúen a presentar deficiencias

La estación de Guixar, cerrada. / Marta G. Brea
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclamou este xoves a Renfe e Adif a adopción de medidas urxentes para rematar coas incidencias «diarias» nos servizos ferroviarios de Vigo.
O portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, denunciou que os problemas de puntualidade, a falta de prazas en determinados horarios e a insuficiencia de frecuencias se agravaron nos últimos días, coincidindo co peche provisional da estación de Guixar.
«Non son incidencias puntuais, senón un maltrato estrutural que está a estrangular a mobilidade da maior cidade de Galiza», afirmou Igrexas, quen subliñou o crecente malestar entre as persoas usuarias habituais do tren.
O BNG considera «inaceptábel» que os servizos de Media Distancia e Rexional continúen a presentar deficiencias que obrigan ás persoas viaxeiras a afrontar desprazamentos en condicións precarias. «Moverse en tren desde ou cara Vigo converteuse nunha proba de resistencia e paciencia que a cidadanía non ten por que soportar», engadiu o portavoz.
A formación nacionalista lembra ademais o «déficit histórico» de Galiza en materia ferroviaria e advirte de que a situación actual resulta aínda máis grave nun contexto de aumento da demanda de mobilidade e de emerxencia climática, no que o ferrocarril debería xogar un papel clave como transporte sustentábel.
Neste sentido, Igrexas reclamou melloras inmediatas no servizo mentres non se materializa a implantación do tren de proximidade na área de Vigo, comprometida polo Goberno central antes do remate da lexislatura.
«As viguesas e vigueses merecemos un servizo ferroviario digno e fiábel. Xa non valen escusas», concluíu.
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- Muere una mujer tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo
- El baile de sillas en la Xunta se atasca: más de 2.100 empleados deben tomar posesión pero hay déficit de plazas para los grupos A1 y A2
- Lista abierta para el adiós en Balaídos
- La CIG mantiene las movilizaciones en Vigo pese al preacuerdo en el metal: éstas son las calles afectadas por la manifestación del martes 19
- Gustavo, el joven que hace bailar a las estatuas de Ourense y convierte el Miño en río navegable