In Memoriam
Noble, Fernando Franco

María Xosé Porteiro, no centro, nunha intervención no Club FARO, onde foi presentada por Fernando Franco. / Ricardo Grobas
María Xosé Porteiro
Fernando Franco estivo sempre orgulloso de pertencer ao cerne do Vigo inicial. Cando pasabamos perto do Arco de Quirós, na Praza da Princesa, adoitaba gabarse de que alí nacera e vivira, dándolle o valor que iso ten para un vigués de pura cepa. A cidade da súa nenez e mocidade tiña sona de xente algo áspera, sempre pensando en gañar o pan, madrugadora, mestiza por tanta man de obra que chegara de todas partes para encher a oferta de traballo de Citroën, ou dos tempos vizosos dos asteleiros.
Era a cidade á que eu chegara sendo unha adolescente, con tranvías e moita chuvia, ou así a vía eu. Pero era un lugar privilexiado se a vivías cando Fernando te levaba da man, fose noite, fose día
mais mellor se xa o ocaso fixera o seu traballo de favorecer a escuridade onde el sempre sabía dalgún local aberto para rescatarnos do frío e da humidade. Eramos adolescentes cando comezamos a compartir unha amizade que nunca esmoreceu, compañeiro imprescindible das noites pre-movida, cando «Esperpento Teatro Joven» facía mesón-teatro nunha ruela do Calvario con Dorotea, Xulio Lago, Manquiña, Fernando do Monteou eu mesma, que nunca actuei porque me gustaba máis o que agora chamaríamos «produción».
E seguiu a selo cando o nome de Vigo se adiantou ao cambio de século e a mediados dos 80 significou posmodernidade e reconversión industrial. Foi aí cando Faro de Vigo deuno todo e se posicionou á fronte dun cambio de ciclo no que Fernando era un capitán, sen gorra e sen pipa, pero co mando no sorriso, no sentido do humor, na súa bonhomía, nas interminables conversas onde manifestaba a súa preocupación social e humanismo.
Fernando axudoume a concibir a que foi a miña primeira novela, Covardes. Aceptou que o utilizase como inspiración para describir a noite viguesa naquela altura. Acompañoume na presentación da primeira versión en galego en 2001 e na a versión en castelán vinte anos despois. Nesta ocasión, confesou ante un ateigado auditorio do Club Faro de Vigo, valente, honrado, admirado amigo- que algunhas cousas que narraba esa historia da noite viguesa non foran fantasía. A Asociación Évame Oroza estaba a prepararlle unha homenaxe que talvez haberá que facer in memoriam. Porque mentres habite na memoria de Vigo seguirá vivo: baril, fermoso, intelixente, noble, Fernando Franco. Longa vida, chiqui. Longa vida, corazón.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- El ambicioso plan de la nueva ETEA coge impulso en Vigo, pero con mucha tarea por delante: los primeros hitos no se verán hasta un cuarto de siglo después del adiós de los militares