Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG pide que se pranten árbores na Porta do Sol no lugar da «ocorrencia» de poñer a palabra Vigo a modo de «photocall»

Un letreiro pensado para que os turistas se fagan fotos coroa agora a zona

O letreiro de Vigo en Porta do Sol.

O letreiro de Vigo en Porta do Sol. / A.O

Vigo

Vigo ten ahora un deses letreiros co nome da cidade no que os turistas adoitan parar para facerse unha fotografía. Tamén os hai noutras como Xixón ou mesmo Ourense. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) non o ve axeitado pola a cantidade de «artificio» que xa hai no corazón da cidade. A formación propón árbores.

«O mellor photocall que pode ter Vigo é unha Porta do Sol menos gris e moito máis verde», defendeu o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que cualificou de «insulto á intelixencia» que a solución do Goberno local para humanizar este espazo sexa colocar unhas letras para que turistas fagan fotos.

«O Goberno de Abel Caballero volve demostrar cal é o seu modelo para Vigo: unha cidade escaparate, máis pensada para a foto de Instagram que para a vida diaria da veciñanza», afeou Igrexas. «A Porta do Sol precisa verde e árbores, non máis decorados de quita e pon», reclamou, advertindo de que esta demanda non se atende con «ocorrencias» como as palmeiras metálicas instaladas no último Nadal.

Nesta liña, o Bloque recordou que o rexedor prometera instalar árbores en 2023 na Porta do Sol. Para eles, naturalizar os espazos urbanos debe ser «unha cuestión de benestar e sustentabilidade ecolóxica».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents