Castrelos acolle o seu primeiro desfile de moda coa colaboración dos veciños e empresarias
Un evento que tamén sumará baile e regueifas para recuperar a vida comunitaria do barrio

Una modelo en un desfile de moda / FdV
O próximo 21 de marzo, o barrio de Castrelos será testemuña dun evento único: o primeiro desfile de moda organizado pola Asociación Monte da Mina. A cita, que comezará ás 17.30, ten como obxectivo recuperar a unión entre veciños e veciñas.
A iniciativa contará coa participación de diversas tendas e deseñadoras locais, entre elas Bombom, Bonita de Vestir, Las Cosas de Noé Shop, D’Luxo e Tania Alonso, quen amosarán as súas últimas coleccións.

Cartel do desfile de moda organizado pola Asociación Monte da Mina / Cedido
O desfile será tamén unha homenaxe ás mulleres fortes e loitadoras que, dende Vigo e A Cañiza, lideran os seus proxectos de moda.
A organización do desfile non se limita só ao ámbito da moda. A Asociación Monte da Mina xunto coa de Beade e a colaboración da Asociación de Valladares, uniranse para incluir actuacións de regueifas e un grupo de baile moderno. A participación dos veciños e veciñas do barrio, que tamén desfilarán, reflicte a implicación e o apoio de toda a comunidade.
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo