Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reclaman ayuda en Vigo para las mujeres prostituidas: «É unha ferida aberta na nosa sociedade»

As Ninguéns alerta de que «non é unha elección libre, senón unha consecuencia directa da pobreza extrema, da falta de alternativas reais e da violencia estrutural»

Imagen de la concentración junto al olivo del Paseo de Alfonso convocada por As Ninguéns.

Imagen de la concentración junto al olivo del Paseo de Alfonso convocada por As Ninguéns. / FdV

Vigo

El foro socioeducativo As Ninguéns convocó una concentración junto al olivo del Paseo de Alfonso para reclamar ayuda para las mujeres empobrecidas en situación de prostitución y en defensa de sus derechos. El colectivo lamenta que la situación en la que viven «é unha ferida aberta na nosa sociedade» y urgen la «intervención directa» de la administración pública.

«A súa realidade está marcada pola exclusión, pola falta de recursos básicos e pola constante exposición ao abuso físico e emocional. Non é unha elección libre, senón unha consecuencia directa da pobreza extrema, da falta de alternativas reais e da violencia estrutural que as empuxa a sobrevivir como poden», indicó la entidad en la lectura del manifiesto.

Cartel de la concentración.

Cartel de la concentración. / As Ninguéns

As Ninguéns subraya que «a chantaxe, o medo e a dependencia económica fan que moitas mulleres non poidan saír dese círculo sen apoio institucional firme, que é insuficiente en persoas prostituidas e traficadas». «Precisamos accións concretas, recursos e vontade política; non abonda con discursos académicos ou posicionamentos ideolóxicos, hai que pasar ao material», traslada.

Mujeres migrantes

Advierte que, «no caso de moitas mulleres migrantes, sofren unha dobre opresión: por xénero e por seren diana da xenofobia e dos obstáculos institucionais para unha integración plena». «Esta vulnerabilización é aproveitada por redes de explotación e por dinámicas sociais que lles negan o máis básico. Sen políticas públicas que aseguren unha vida segura, sen unha redistribución económica real, calquera debate será baleiro», apunta.

La entidad añade que, «en moitos casos, as situacións de drogodependencia non son unha causa, senón unha consecuencia». «É unha vía de escape para resistir o insoportable. Isto deriva en problemas graves de saúde mental, que empeoran aínda máis a súa situación e dificultan a recuperación. Por iso pedimos apoio psicóloxico dende o público para todas elas», reflexiona.

El foro considera que «os servizos sociais deben estar dotados de equipos multidisciplinares: traballadoras sociais, educadoras, psicólogas, psiquiatras, avogadas e programas de formación e emprego». Asegura que «a intervención na rúa é esencial para localizar, acompañar e motivar ás mulleres a acceder a estes recursos». «Todas sabemos onde están os pisos, os clubes, os lugares máis utilizados para exercer, e queremos que remate mirar para outro lado», apostilla.

«A Casa da Muller sería un espazo seguro»

As Ninguéns defiende que «A Casa da Muller», como reclama desde hace tiempo al Concello de Vigo, «sería un espazo seguro e confidencial onde ofrecer acollida, apoio e privacidade».«É imprescindible que se habiliten vivendas estables para que estas mulleres poidan abandonar a actividade sen caer no senfogarismo encuberto», asevera.

La entidad apunta que «moitas mulleres que viven en pisos de alterne, clubes ou hoteis non figuran nas estadísticas como persoas sen fogar cando carecen de teito, e irse á rúa é sinónimo de medo, violencia e desprotección e, ás veces, de asasinato». «A raíz do problema é clara: a desigualdade de clase e de xénero, xunto coa pobreza, determinan as posibilidades de garantir subsistencia», sentencia.

As Ninguén no comprende por qué «institucións que se autodenominan feministas poden ignorar esta realidade». «Por iso vimos aquí reivindicar que esta brutal violencia remate dunha vez. Acordámonos hoxe tamén da prostitución masculina como unha realidade na nosa comunidade. A nosa proposta é clara: prioridade política e social para as persoas en situación de prostitución, moitas delas nais con crianzas a cargo», asevera.

«Basta xa de escusas»

El foro pide «medidas redistributivas e protección da súa integridade física e mental», así como «recursos tanxibles e materiais» y el fin del «estigma» y la «criminalización». «Basta xa de escusas e discursos: a realidade está nos clubes, nos aparcadoiros e nos pisos; quen non a ve é porque non lle interesa que esta violencia terrible remate. O acollemento integral, con humanidade e unha xestión profesional e prioritaria, é clave para comezar a dar solucións materiales. Con escoita activa ás protagonistas, como suxeitos sociais activos que son», esgrime.

Tracking Pixel Contents