Unha marea violeta reclama paz e igualdade nas rúas viguesas: «De estar viva Rosalía, con nós viría»
A segunda marcha do 8M en Vigo congregou a centos de persoas pola resistencia feminista e os dereitos das mulleres, nunha xornada marcada de novo pola división do movemento con dúas mobilizacións diferenciadas
O feminismo volve saír esta tarde á rúa no 8M en Vigo. Na segunda manifestación do día, multitudinaria, convocada pola Plataforma Feminista e integrada por diferentes colectivos, sindicatos e partidos, unha marea de bandeiras violetas saíron ás seis da tarde da Praza de España.
Nas pancartas e carteis abundaban os lemas que chamaban á paz, así como as siglas de CCOO, se ben tamén se viron do BNG e UGT.
Houbo, como noutros anos, momentos lúdicos como a canción con coreografïa «Feminismo para adiante, machismo para atrás».

Pablo Hernández Gamarra
Entre as consignas berradas, «De estar viva Rosalía, con nós viría», mentres nas pancartas se podían ler alegatos contra o medo e a favor da resistencia feminista ou «non daremos tregua».
A protesta evidenciou un ano máis a creba no seo do feminismo con dúas mobilizacións diferentes. A primeira tivo lugar esta mañá dende as 12.00 horas polo mesmo percorrido. O fin da mesma este ano era reclamar a abolición da prostitución e concienciar sobre as agresións contra as mulleres e os feminicidios.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras
- El TSXG otorga 250.000 euros de indemnización a un paciente que sufrió una demora «negligente» en ser intervenido de un ictus por falta de camas en el hospital Álvaro Cunqueiro
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- De récord en récord: los extranjeros copan más del 65% de los nuevos empleos creados en Galicia
- Así son los MG, los coches chinos de la otrora marca británica que SAIC apunta a fabricar en Galicia
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
