Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día da Muller

Milleiros de persoas claman en Vigo a favor da abolición da prostitución no 8M

A primeira das marchas convocadas este domingo lembrou ás mulleres asasinadas nos feminicidios

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Miles de persoas saíron en Vigo no apoio do 8M dentro da chamada feminista e abolicionista da prostitución. Segundo a organización, 15.000 persoas marcharon dende a Praza de España ata a Porta do Sol ao berro de «O feminismo é abolicionista» ou «Patriarcado e capital, alianza criminal».

Ao remate da protesta, leron o manifesto Bibiana García e Cristina Pérez de Redeiras máis Carmen Campoy e Ángela Mondelo de Furias. Estas sinalaron como éxito a manifestación tendo en conta que hai dúas convocatorias para a xornada. Ás 6 da tarde outra manifestación partirá tamén da Praza de España, na cidade de olívica.

As encargadas do pregón indicaron que para ser unha mañá de domingo era arriscado convocar de forma masiva. Porén sinalaron que estaban moi contentas coa resposta. A propia Carmela Silva se achegou a elas para darlles os parabéns.

Un momento emotivo na protesta foi a concentración silenciosa de Elas Galiza que ataviadas de branco como espectros portaban pancartas cos nomes de mulleres asasinadas nos feminicidios.Trátase da terceira edición na que participan deste xeito. Nesta ocasión, portaban mosaicos cos asasinadas no Estado Español no 2025.

Multitudinaria manifestación en Vigo por el 8M, Día Internacional de la Mujer

Alba Villar

Cada unha levaba unha pancarta de cada unha das galegas asasinadas nos últimos tempos. En canto a celebración de dúas manifestacións nesta xornada di 8M, Luisa Abad, presidenta do Ateneo Atlántico, indicou que lle daba mágoa. «Con esta división, lamentou, gaña o patriarcado que fixo que nos dividiramos».

Incidentes de tráfico

Un dos momentos decisivis da manifestación foi cando pouco tempo despous de arranar un motorista así como un condutor dun vehículo atravesaron o espazo da manifestación na Gran Vía violando o corte de tráfico. Nese momento, non habïa ningún axente da Policía local presente pero de xeito rápido acudiron despois ao comunicarlles a infracción habida.

Tracking Pixel Contents