O BNG reclama a reapertura do programa «Súbete ó Castro»
A agrupación nacionalista sinalou que o proxecto foi fundamental na creación musical na cidade

Un grupo de rapaces participando no programa «Súbete ao Castro» en 2012. / EFREN RODRIGUEZ
O BNG reclamou este luns a reapertura do programa de dinamización xuvenil «Súbete ó Castro», once anos despois do seu peche. A fronte nacionalista pide recuperar esta iniciativa como primeiro paso para reverter o que tachan de «tesoirazo» por parte do goberno local.
Empregando como sede a antiga cámara da traída da auga, o proxecto funcionou como un espazo gratuíto para mozos con actividades, ensaios e concertos locais («Castroconcertos») entre os anos 2000 e 2014.
Os nacionalistas recordaron a importancia da labor do «Súbete ó Castro» na creación musical na cidade, cun dos primeiros locais de ensaios municipais e cun amplo programa de formación gratuíta «do que se beneficiaron millares de mozas e mozos», indicou Xabier P. Igrexas, portavoz da agrupación.
Tamén apuntou que dende este espazo se impulsaron outras iniciativas de éxito xa desaparecidas como a Liga de Improvisación para Xóvenes Afeccionados (Lixa) ou «os primeiros esforzos municipais na promoción da cultura e deportes de carácter urbano, nomeadamente no ámbito da BMX e o skate». E tamén con proxectos de formación en novas tecnoloxías, actividades de lecer alternativo, obradoiros e cursos artísticos.
- Cierra la cadena de panaderías Porto, con obrador en Vigo y media docena de despachos
- EE UU se afianza como el gran vendedor de petróleo y gas a Galicia con una factura de 1.200 millones, a costa de México, Libia y Rusia
- Una jueza de Vigo avala que las comunidades de propietarios prohíban las mascotas
- Gaiarooms compra el Hotel Ipanema y lo transformará en el primer «alojamiento digitalizado» de Vigo
- Una viguesa denuncia a su hija por okupar su piso que tiene en condiciones insalubres: su hijo la sacó de ahí «por su salud»
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- De escapista a solidario: Pinki, el perro gallego que se hizo viral por plantarse en la plaza del pueblo
- Muere un trabajador tras caer desde una escalera en Mos