Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As microidentidades a exame no IV Torneo Nacional Retórica UVigo

O torneo, organizado pola Asociación Retórica da UVigo, reuniá os días 13 e 14 de febreiro a máis de cen participantes de distintas zonas de España para competir por unha plaza na Liga Nacional de Debate Universitario

(De esq a dcha) Antonio Suárez, Yerai Orts, Uxia Juiz e Arturo Canosa, membros do equipo Retórica UVigo.

(De esq a dcha) Antonio Suárez, Yerai Orts, Uxia Juiz e Arturo Canosa, membros do equipo Retórica UVigo. / FdV

«Fortalece o auxe das microidentidades a cohesión social?». Esa é a pregunta arredor da que xirarán as intervencións, os argumentos e as réplicas do IV Torneo Nacional Retórica UVigo. A cita, que terá lugar os días 13 e 14 de febreiro, converterá Vigo nun foro de reflexión e debate universitario a nivel estatal. A cuestión servirá de fío conductor para unha competición que reunirá arredor dun cento de participantes, organizados en 16 grupos. Os integrantes proceden de 14 universidades diferentes, públicas e privadas, dunha escola de negocios e dun club de debate. O torneo arrancará o venres ás 15.00 horas na Facultade de Comercio da Uvigo, pero a gran final será na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Alí, decidirase o equipo campión, a mellor oradora ou orador, o Dream Team e a praza para a Liga Nacional de Debate Universitario.

A organización corre a cargo da Asociación Retórica da UVigo, integrada por 23 estudantes. A súa presidenta, Uxía Juiz, explica que a temática foi escollida tras consultar outras asociacións de debate e coincide cunha data sinalada: o Día de San Valentín. Convida a poñer o foco nas relacións interpersoais e na cohesión social. Ela non competirá este venres e sábado no torneo de Vigo, serán os seus compañeiros Zaida González, Lucas Martínez, Arturo Canosa e Raquel Senín, todos estudantes de ADE e Dereito, os encargados de representar á institución académica viguesa.

Tracking Pixel Contents