«O choro da muller non é de crer»
O presidente da Sociedade Galega de Contracepción, o doutor Javier Valdés Pons, expón como a sociedade afíxose á dor na muller e que propón a entidade para mitigalo na inserción dos DIU

Javier Valdés Pons / Marta G. Brea
Javier Valdés Pons
Vemos a unha muller con dor, e que nos vén á mente?«Probablemente isto lle pase a miúdo e debe estar acostumada. É cousa da menstruación. Non será grave». E cando vemos a un home? «Debe estar sufrindo moito. Xa ten que ser forte para non aguantalo».
Este xeito de pensar, en maior ou menor medida está extendida entre a poboación. Non só nos homes, tamén nas mulleres. Según a escritora Margaret Atwood, «as mulleres son as únicas que sangran sen morrer». Como que o sufrimento forma parte da identidade feminina. A tamén escritora Simone de Beauvoir, engadiu: «Non se nace muller: se chega a selo». Vinculando o desenrolo da muller ás presions sociais e persoais. E a artista Frida Kahlo dixo tamén: «A o final do día, podemos soportar mais do que creemos». Se escoitamos as sentencias populares, van do mesmo xeito: «O choro da muller non é de creer» e «Non hai dor que a muller non sepa facer menor». O psicólogo Timothy Leary escribiu: «Un home soporta a dor coma un castigo inmerecido; unha muller acéptaa como a súa herdanza natural».
E de feito, no día a día, chegamos a normalizar a dor na vida da muller, tanto que a facemos unha marca de identidade. Na páxina web «elpartoesnuestro» se di: «Como parte do noso ciclo reprodutivo, o parto non debería ser doloroso, do mesmo xeito que as relacións sexuais non deberían selo baixo ningunha circunstancia». Isto significa que o parto sen sufrir dor non é un parto de verdade? Estigmatizamos ás mulleres que desexen a epidural para non ter dor no parto por que non queren sofrir? Tamén deberiamolo facer no final biloxica das nosas vidas, cando morremos con dor?
No meu traballo, canto facemos probas médicas, ás mulleres, se escoita frecuentemente «non te preocupes que doe pouco», dando por feito que a muller pode aguantar a dor. Mentres que xa antes de facelas nun home, a preocupación de minimizar o máximo posible a dor, é prioritario.
Cultura cristiá, bioloxía reproductora, cine bélico. Múltiples causas posibles que xustifican o anterior, e rematan con unha mesma realidade: se minimiza o sufrimiento físico da muller.
Repetidos eventos dolorosos na vida das mulleres, como a menstruación e o parto, crean costumes, pero no proceso evolutivo da humanidade, temos que seguir sufrindo? A dor nos identifica como humáns, e de determinado xénero?
Historicamente, a mediciña tendeu a minimizar a dor asociada á inserción dun dispositivo intrauterino contraceptivo (DIU). É verdade que a opinión sobre a dor durante a inserción dun DIU varía moito entre as mulleres. Algunhas só experimentan molestias menstruais leves, mentres que outras experimentan dor intensa e non todas as mulleres o aguantan. E depende do individual umbral da dor, do tipo de DIU (hormonal ou de cobre), do tamaño do útero e das características do canal endocervical. Tamén se a muller xa pariu, pode ser mais doada a sua colocación. Pero sempre molesta como mínimo.
O procedemento adoita ser rápido (uns minutos) e moitas mulleres informan que a dor intensa, de tela, desaparece pouco despois da inserción. Normalmente, a dor despois da inserción, se está presente, debería diminuír diariamente. Se non é asi, a miña recomendación é volver á clínica e valorar a sua extracción.
Podese recomendar a toma de medicamentos antiinflamatorios media hora antes da inserción e, se é necesario, tamén despois. Algunhas clínicas usan anestesia local para mitigar a dor durante a inserción do DIU, aínda que non existe un protocolo estándar aceptado globalmente. As combinacións de anestésicos tópicos e inxectados tamen poden axudar.
Como Sociedade Galega de Contracepción, imos promover cara o Servicio Galego de Saude, para incluír dentro do carteira de servizos, a inserción de DIU en qurófano de cirurxía menorcon anestesia local e analxesia endovenosa a todas as mulleres galegas que teñan unha mala experiencia previa coa inserción ou extracción dun DIU, e naquelas que aceptando a nova técnica especifica, así o desexeñen..
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada
- Vigo acelera su proyecto para convertir las Cíes en geoparque de la Unesco y avisa: «Después seremos Patrimonio de la Humanidad»
- Una boda con Obi-Wan Kenobi, Xena y dinosaurios hinchables