Yolanda Castaño: «O prestixio non serve como moeda»
Ledicia Costas, Yolanda Castaño e Lucía Aldao xúntanse para conversar sobre as dificultades que supón vivir da cultura, dentro da programación do Hematofesti

Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Ledicia Costas na mesa redonda «Vivir da cultura» / Jose Lores
Son mulleres, galegas e viven da literatua. É o que teñen en común Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Ledicia Costas, e o motivo que as reuniu onte no Consorcio da Zona Franca de Vigo, dentro da programación do Hematofesti, para falar de cultura e economía, « un binomio fantástico». Como elas expuseron, a relación entre ambas é «complexa», o motivo principal o desvelou Castaño: «Á cultura se lle presupón ese amor a arte», razón pola que tanto empresas como particulares «aproveitan» para pedirlles traballos non remunerados ou mal pagados. Choveron os exmplos, Costas contou que unha vez lle ofreceron langostinos como moeda de cambio, mentres que Aldao subiu a aposta: pagáronlle cunha viaxe en avioneta por Lugo. Anécdotas coas que Castaño concluiu: «Estamos forradas de amor e prestixio, pero non serven como moeda no supermercado».
A pesar de que o ton que se empregou durante a conversa foi case humorístico, as tres escritoras subíronse ao escenario a denunciar esta realidade coa que levan anos loitando. «A situación mellorou dun tempo a esta parte», confesa a poetisa Aldao, porén, recorda que aínda ten que facer o traballo de «pedagoga» para explicarlle á xente que, para poder vivir, os artistas necesitan que lles paguen polo seu traballo. O debate se foi acotando ao seu eido, sobre o lugar da autora na cadea económica do libro. «Somos o último Chanzo», lamentou a directora do festival, «sen o noso texto non existiría o demáis, pero somos as peores remuneradas». Para Yolanda Castaño o problema é o libro «como produto industrial». Elas viven da literatura,«o libro é un formato que empregamos, pero podemos desenvolvernos na oralidade ou en escena, o que pasa é que hai xente que vive do produto libro e por iso hai tantos intereses económicos postos nese obxecto», reflexiona.
Ao contrario da imaxe solitaria que se crea arredor do exercicio da escritura, nesta tertulia se puido comprobar que os artistas se «necesitan» os uns aos ourtros. Propuseron títulos alternativos ao evento: «Literatura e economía, triple salto mortal». Non era unha broma, o equilibrio entre a creación e a subsistencia é, efectivamente, un número de circo.
Binomio Fantástico
Conversas que se sitúan dentro da programación do Hematofesti, nas que se trata a acción cultural como ferramenta económica e social. A pasada xornada, dende as 11.00 horas ata as 18. 30 horas se puido disfrutar de diferentes charlas nas que participaron personalidades como Xosé Antonio Touriñán (Ainé), o director de cine de animación Alberto Vázquez ou o especialista en cine e efectos especiais, Alejandro Pérez.
Suscríbete para seguir leyendo
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Davila 02/12/2025
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Davila 03/12/2025
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- «A los niños ya no se le caen los dientes»
- Un restaurante escuela en Ourense ofrece menús de alta cocina a precio formativo y reservas agotadas