«Coñecer o territorio é clave para valoralo e conservalo»
O museo Marco acolle esta fin de semana o I Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura para celebrar o primeiro cuarto de século de vida do Proxecto Terra, un modelo de cooperación educativa. Participan profesionais e expertos procedentes de diversos puntos de Galicia, Portugal e o resto da península ibérica.

Sheila García, onte, en Vigo. | J. Lores
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa Xunta, celebra desde onte e ata mañá o I Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura no museo Marco para conmemorar os 25 anos do Proxecto Terra, cuxo obxectivo é promover na cidadanía e, en especial, nos estudantes desde infantil ata secundaria, un pensamento crítico e propositivo sobre os espazos e lugares que habitamos. Sheila García Prado (Barro, 1985), coordinadora do Proxecto Terra e arquitecta, debulla as claves desta iniciativa horas antes da súa inauguración. «A idea é favorecer o respecto e o coidado do territorio que nos acolle», subliña, á vez que destaca a necesidade de pór en valor o noso contorno.
Por que é importante que os estudantes coñezan os espazos e lugares que habitamos?
Debemos coñecer o noso territorio para, dun xeito crítico, poder valoralo e conservalo. Non podemos valorar aquilo que descoñecemos. Entón, o Proxecto Terra, precisamente, pretende que se dea a coñecer todo o mundo da arquitectura, da paisaxe e do territorio para que as nosas nenas e nenos sexan cidadáns críticos e activos na súa custodia. Hai unidades didácticas, vídeos, libros... tamén hai outras actividades complementarias, como obradoiros, intercambios territoriais, visitas guiadas, cursos de formación do profesorado, xornadas de divulgación para o público xeral... É fundamental a implicación dos docentes, que se encargan de elaborar os recursos educativos.
O Proxecto Terra aborda tamén os feísmos, tan criticados?
Si, hai unhas actividades específicas da APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) nas que se fala non só do coidado do noso territorio, senón tamén deste punto de reparación. Pode ser que nos equivoquemos, pero tamén está a parte de dicir: vale, asumimos que nos equivocamos e podemos reparalo.
Cales son as grandes ameazas na conservación da arquitectura, a paisaxe e o territorio?
Na formación do Proxecto Terra, hai unha parte específica de patrimonio sobre arquitectura tradicional e contemporánea. Os rapaces poden adquirir estes conceptos para coñecer como se rehabilitan as arquitecturas tradicionais e, así, saber que pasos son os máis acaídos e en que accións non deberiamos caer, é dicir, aquelas que deturpan esas arquitecturas históricas. Ás veces, por descoñecemento, mesmo nas nosas cidades, non as temos o suficientemente valoradas.
O Marco acolle o I Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura. Por que é necesario?
O congreso é un punto de encontro, de enriquecemento, de compartir experiencias. O domingo [mañá], imos falar da transformación dos espazos educativos: como o espazo educativo educa, como son eses patios dos centros educativos, como son as aulas... Estudar nun espazo agradable e acaído vai facilitar máis a adquisición de coñecementos. E [a partir do día 11] teremos un espazo de xogo que se chama Argallar: distintos centros educativos van pasar por aí nas próximas semanas e construirán, deconstruirán e xogarán cos elementos que hai nese espazo.
Cales son os retos que ten por diante Proxecto Terra unha vez superados os primeiros 25 anos?
O Proxecto Terra, 25 anos despois, segue a estar de actualidade. Continúa sendo unha referencia na península ibérica. Ten un Premio Nacional de Urbanismo e un Premio da Crítica de Galicia. Debe seguir contando coa implicación dos docentes, que son imprescindibles. E ten que seguir innovando as súas metodoloxías e as súas experiencias educativas e recursos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Davila 10/12/2025
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Revés para un desarrollo urbanístico clave en Vigo, al exigir la Xunta un examen ambiental más riguroso
- Las denuncias al presidente de la diputación de Lugo por acoso sexual: «Me dijo que debía acostarme con él si quería ser funcionaria»