102 anos de independencia
Isabel Vázquez é usuaria do servizo de teleasistenza do Concello. Con máis de un século de recordos, lembra unha vida chea de cambios, evolución e actividade, na que a súa mente positiva a axudou nos momentos máis duros da guerra e a ditadura. Entre todos os avances, recorda con orgullo a loita das mulleres.

Pedro Fernández
O mundo cambiou profundamente dende 1923, cando naceu Isabel Vázquez. Para ela, un dos avances máis significativos foi a evolución do papel das mulleres na sociedade. Isabel medrou nunha época na que non tiña dereito a voto, tampouco podía administrar os seus propios bens, nin soñar coa independencia persoal. Hoxe, con 102 anos vive soa , vai ao ximnasio, manexa o móbil e defende con orgullo o dereito das mulleres a decidir sobre a súa propia vida. «Agora dígolle ás mozas que loiten e que non dependan de ninguén», afirma coa certeza de quen pertence a unha xeración que abriu o camiño a base de esforzo. Recorda pequenos xestos de rebeldía que agora poden parecer insignificantes, pero naquela época estaban cargados de significado: «Gustábame levar pantalón para ir a montar a cabalo ou camiñar», relata. A acompaña o seu único fillo, quen explica que, nalgunha ocasión, recibía malas miradas por non levar saias ou vestidos, pero a ela nunca lle importaron as opinóns externas.
Historia de Isabel
Isabel naceu en A Bandeira, no concello de Silleda, nunha familia de zapateiros. Chegou a Vigo aos 18 anos para traballar. Tivo sorte, foi unha excepción entre as mulleres da época. «Traballei no Xulgado Social, cando só había un xuíz, Don Javier Cebrián», lembra. A súa primeira vivenda estaba na rúa Reconquista, a compartía cun dos seus irmáns que tamén viñeran á cidade a traballar, era conserxe dun dos donos do Banco Simeón.
Se poidese volver a un momento do seu pasado sería a ese, non dubida ao responder. «Gustábame moito o traballo», afirma. Conta, que o día que se tivo que xubilar, lle preguntou ao seu xefe como facer para alargar o seu período laboral, lle dixeron que non era posible, «entroume un pouco de depresión», admite, «porque xa estaba acostumada a aquel movemento». Levaba a administración, pero o que verdadeiramente lle gustaba, era a liberdade que lle otorgaba o feito de traballar. Buscou outra forma de manterse activa, por iso se apuntou ao ximnasio. A día de hoxe, vai dúas veces á semana, luns e venres. Ademáis, tódolos días sae de casa a tomar o café coas amigas do barrio. Vive en Cabral, ao principio lle costou adaptarse, pero agora está «encantada». «Teño moita sorte, a xente me trata moi ben», confesa. O seu secreto para chegar aos 102 anos con tanta enerxía é «procurar ser sempre feliz e rodearse de xente xove». Describe unha vida alegre, a pesar das dificultades da época: «Pasei a república, a guerra, a ditadura e a democracia, e sempre intentei ser positiva».
A Guerra Civi foi un dos momentos más duros que recorda. Tiña 13 anos cando comezou: «Os meus pais me dicían: non andes por ahí». Non lle gusta recordar ese tempo, «había moita escaseza, non tiñamos de nada». A súa irmá que vivía en Buenos Aires lle dicía: «Por alí andan tirando o pan», ela non o creía, «agora andan aquí tirando o pan, tanto cambiou o conto», reflexiona Isabel.
A independencia que defende tamén a practica. Cando quedou viúva ao principio dáballe medo vivir soa, «xa me acostumei, agora ven unha rapaza a limpar a casa e eu continúo facendo a comida». É usuaria do servizo de teleasistencia do Concello, e tanto ela como o seu fillo admiten que lles da «moita tranquilidade». Nunca tivo que empregar o botón de urxencia, pero está «moi contenta» co funcionamento do servizo, «chaman todas as semanas».
Servizo de teleasistenza
Trátase dunha prestación social que, a través dunha liña telefónica ou dun colgante cun botón de alarma, permite ás persoas usuarias, poñerse en contacto co persoal especializado para dar resposta ás súas necesidades de forma ininterrompida as 24 horas do día e os 365 días do ano. O obxectivo é facilitar atención domiciliaria a determinados colectivos especialmente vulnerables, como o das persoas maiores, con discapacidades, dificultades de autonomía persoal, carencia de relacións persoais e familiares ou afectados por enfermidades crónicas e outras patoloxías asociadas, sempre que non estean incluídas no sistema de atención á dependencia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Lorena, madre de prematuras: «En Vigo tenemos una unidad de neonatología top; sienten a los bebés como propios»
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Revolución urbana en la Plaza de España: acelerón a los cambios en la puerta de bienvenida a Vigo
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- ¿Cuál es el mejor día para ver las luces de Navidad de Vigo? Estos son los de mayor y menor afluencia