A pegada de Castelao en Vigo
A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolle unha mostra sobre a súa relación coa industria editorial viguesa

Exposición «Impresións de Castelao en Vigo» na Pinacoteca / Marta G. Brea
A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolle ata o 31 de agosto unha mostra con máis de 150 pezas que afonda na relación entre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a industria editorial viguesa con fondos artísticos, editoriais e documentais de coleccións públicas e privadas da cidade. O alcalde, Abel Caballero, a tenente de alcalde Carmela Silva e o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, participaron na inauguración da mostra, coa que o Concello conmemora os 75 anos dende o pasamento do intelectual.
Conformada por máis de 150 pezas procedentes de 16 prestadores, destaca a colección de debuxos de «Cousas», propiedade do Museo Municipal de Vigo «Quiñones de León» tras ser adquiridos en 1977 e 1984, e as pezas procedentes da Colección municipal Museo Fernández del Riego.
«Impresións de Castelao en Vigo», comisariada por José Luís Mateo e Miguel Anxo Seixas, afonda na relación que a obra artística, cultural, intelectual e política do galeguista tivo coa cidade como capital histórica da edición en Galicia con fondos fondos artísticos, editoriais e documentais de coleccións públicas e privadas da cidade.
O alcalde felicitou aos comisarios pola calidade da «grande exposición» que consegue que «Castelao continúe aquí» e agradeceu o traballo e a colaboración das entidades e familias que puxeron a disposición da mostra as pezas que a conforman.
O comisario da mostra, Miguel Anxo Seixas, puxo en valor a Castelao como «símbolo de Galicia» e destacou a presenza e o peso de Vigo na traxectoria do intelectual, mentres que José Luis Mateo explicou que o fío condutor da exposición é configurar os fitos da cidade e Castelao.
Castelao colaborou na prensa de Vigo desde 1909, cando imprime os seus debuxos cómicos en Vida Gallega e, desde xullo de 1922, os humorísticos no diario Galicia e despois en FARO DE VIGO, que acrecentaron a súa sona como artista gráfico. As impresións e pegadas de Castelao en Vigo teñen esta cidade como lugar de saída e retorno da emigración, a sede dos principais xornais nos que se editou a súa obra gráfica, lugar de visitas familiares e de intensa actividade política.
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»