Un escaparate virtual para o libro galego dende Vigo
Xerais puxo en marcha este ano encontros exclusivos entre autores e autoras con persoas que crean contido vencellado á literatura co obxectivo de que o libro galego gañe terreo nas redes sociais. Vigo é a única cidade galega que vén albergando estas xuntanzas que gozaron de boa acollida entre as creadoras locais

De esquerda a dereita, Sara Salgado, Elena Filgueira e María M. Delgado. / José Lores

«É unha marabilla ter este tipo de encontros en Vigo, porque son cousas que sempre vemos que se fan na capital ou en Barcelona, e poder telos aquí é unha xenialidade, ademais de que contan con nós, cos lectores, para compartir eses momentos cos autores e é unha forma de poder poñernos cara e ter un trato máis próximo coa editorial. Nas presentacións sempre hai máis xente e nestes encontros podes interactuar de ti a ti cos autores, conversar, é algo máis personalizado». É a impresión de Sara Salgado, unha viguesa que hai preto de cinco anos abriu unha conta na rede social Instagram para compartir as súas lecturas e recomendar as súas favoritas entre a comunidade que a seguía, logo de ter participado nas dúas xuntanzas organizadas este ano por Edicións Xerais na cidade olívica para divulgar o audiolibro de Pel de cordeiro, de Ledicia Costas, e para presentar, hai tan só dúas semanas, o avance en exclusiva de Onde nacen as bestas, o novo libro de Pedro Feijoo.
Se ben é certo que a editora vén celebrando este tipo de actividades máis personalizadaa entre libreiros e autores en distintos puntos de Galicia, os dous encontros fixados en Vigo foron os primeiros nos que Xerais replicou a fórmula mudando a figura dos libreiros por persoas creadoras de contido vencellado á literatura galega nas redes sociais, de maneira que a cidade olívica foi foco de atracción para apaixonadas da lectura chegadas de todas partes da comunidade, tendo unha presenza destacada as creadoras locais como Sara Salgado, quen afirmou sentirse unha «afortunada» e estar «moi agradecida» por ter formado parte de sendas citas.
Consideramos importante coidar e fomentar que o libro en galego estea presente nas redes
Dende a editorial con sede en Vigo, a escritora e responsable de comunicación, Sara Vila, puxo en valor que «este tipo de perfís, maioritariamente mulleres, achegan novas perspectivas e visións ao debate arredor dos libros e para nós son moi valiosas. A súa forma de compartir as lecturas socializa a literatura e esa é a vontade dunha editora, achegar contidos e xerar conversa arredor deles, por iso consideramos que os encontros con este tipo de creadoras en redes sociais son fundamentais para que as nosas historias cheguen ao público. Ademais, son moi frutíferos e gratificantes, tanto para as persoas convidadas como para os autores que participan neles». Así mesmo, Sara Vila analiza que, «a día de hoxe, competimos en condicións de desigualdade brutais con respecto ao libro en castelán. Custa ter presenza en espazos como medios ou librarías, por iso estar presente nun dos principais escaparates onde os lectores e lectoras buscan recomendacións como son as redes sociais é fundamental. Consideramos importante coidar e fomentar que o libro en galego estea presente nas redes».
É unha marabilida ter a oportunidade de coñecer o libro antes de que saia á venda
Neste senso, a viguesa Sara Salgado, a persoa que se atopa tras a conta de Instagram @jonaylochadas_mis_lecturas_ , indica que «este é un mundo moi interesante e estou moi agradecida de que se poña en valor, porque é algo que facemos por amor á lectura e de maneira non remunerada. Penso que tamén é un labor importante, porque ao final compartimos lecturas e, pode parecer que non, pero hai traballo detrás».
Proximidade cos escritores
María M. Delgado leva compartindo as súas lecturas en Instagram case o mesmo tempo que Sara Salgado, con quen coincidiu recentemente na presentación exclusiva en Vigo de Onde nacen as bestas, un convite que foi «un soño» para ela, posto que Pedro Feijoo é un dos seus autores favoritos e foi «unha marabilida ter a oportunidade de coñecer o libro antes de que saíra á venda, de compartir ese tempo con el e con outras bookstagramers, porque moitas falamos por redes, pero non nos coñecemos».
Dende a súa conta @auguibooks, esta veciña de Salceda de Caselas explica que «un día subín unha recensión e fun creando comunidade. Sentíame moi cómoda falando dos libros e xa van case catro anos, gústame ter a posibilidade de falar dos libros que les cada día, porque ás veces non tes ao lado a persoas que len, e compartes opinión e os teus gustos persoais. O primordial é o amor polos libros».
Es fantástico que los escritores se acerquen de esta forma a los lectores
Outra das convidadas por Xerais ao último dos encontros foi Elena Filgueira, quen ademais de ser a responsable da libraría Vigo de Papel tamén é moi activa na recomendación de libros a través das redes sociais, acumulando case 40.000 seguidores entre TikTok e Instagram. Ao igual que Sara Salgado e María M. Delgado, Elena coincide en que «es fantástico que los escritores se acerquen de esta forma a los lectores y creo que una de las mejores maneras es con personas que recomiendan libros y son lectoras, por eso esta iniciativa me parece buenísima».
Da súa experiencia compartindo opinións sobre novidades literarias e sobre libros máis descoñecidos que captan a súa atención, Elena Filgueira sinala que «la gente es cariñosa, agradecida y muy cercana. A mí me encantan los mensajes de la gente que nos escribe diciéndonos que ha vuelto a leer o que por una recomendación nuestra se ha enganchado a un libro o que ha conocido a un autor, incluso vienen de distintas partes de España a conocer la librería».
Suscríbete para seguir leyendo
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Operativo exprés para salvar a una bañista