Entrevista | María Lado Escritora
«Equiparar a tradición oral coa literatura escrita é un fito importante»
Unha viaxe dende o tempo e o lugar das pandeireteiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas é a proposta que a viguesa María Lado achega en «Canta, miña compañeira», libro editado por Xerais que foi presentado onte na asociación Évame Oroza.

María Lado, onte, na presentación no Évame Oroza. | Pablo Gamarra
Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas á poesía popular oral, a escritora viguesa María Lado publicou este ano o libro Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras, unha obra que presentou onte en Évame Oroza.
Que poden atopar lectores e lectoras neste «Legado das cantareiras»?
É un libro para todas as idades, pero tamén moi gozoso para lectoras e lectores adultos, que máis ou menos sitúa no espazo e no tempo ás figuras das cantareiras homenaxeadas pola Real Academia Galega. É un debuxo xeral de todo o que rodea non só ás mulleres e ás súas experiencias vitais, o momento e o ambiente que lles tocou vivir, senón que fai un pequeno percorrido polas Letras Galegas, pola historia da Academia, situándonos no contexto das recollidas. É un manual que fai un debuxo amplo dunha serie de cuestións arredor da lírica popular, das cantareiras e deses saberes. Polo feito de estar dentro da colección Merlín, de Xerais, é un libro moi didáctico, pero o feedback coas lectoras adultas é que é un libro moi gozoso tamén para elas, porque é unha lectura áxil coa que aprenden e aquí penso que é importante recoñecer a aposta polas editoras galegas á hora de crear contidos para o público novo. Neste caso tiven a sorte de que chegou un libro para todas as idades, cunha escrita áxil e entretida, e que esperta a curiosidade novos lectoras e lectoras sobre os temas que trata.
Como integrante dun dúo poético durante tantos anos, que valor ten a homenaxe da Academia deste ano e como analiza o bum da música de raíz?
Creo que o folk e a música tradicional nunca estiveron durmidos no noso país, sempre foi un xénero moi potente que funciona fóra das nosas fronteiras. O que hai agora son distintas formas e proxectos que a fusionan con outros como a electrónica. No caso da homenaxe, eu creo que a Academia fai unha cousa moi importante ao meu modo de ver, como escritora e galega, e é que equipara a tradición oral coa literatura escrita e iso é un fito moi importante.
E tamén que pon o foco nas mulleres que preservaron esa tradición.
Si, esa é a outra cuestión importante, que a Academia pon ás mulleres en valor, xa que sempre temos tendencia a ser máis anónimas que os homes e ese é un defecto, non noso, claro. Que a Academia sitúe no foco a toda esa xeración de mulleres que conservaron o que nos conforma como pobo, creo que é de alabar, porque podían escoller a calquera persoa que estudara sobre o asunto e escolleron as protagonistas.
Foi complexo o proceso de documentación?
Foi laborioso. Teño un pasado como pandereteira afeccionada e non me era un mundo estraño, pero foi un labor de documentación arduo de varios meses. Gústame moito aprender e documentarme é o que máis me gusta, case máis que escribir, por iso manexei moita información para este libro.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia