O BNG urxe cinco novas escolas infantís da Xunta en Vigo

REDACCIÓN

Vigo

O Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través da deputada no Parlamento, Carmela González, e o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, demandou cinco novas escolas infantís da Xunta en Vigo. Os representantes denunciaron que centos de familias da cidade (2 de cada 3 solicitudes) quedan sen praza pública cada curso escolar pola insuficiente oferta. A proposta é construilas en Balaídos, As Travesas, Navia, Casco Vello e Travesía.

«O pasado curso máis de 450 nenas e nenos quedaron sen praza e as listas provisionais para o vindeiro ano vaticinan un resultado practicamente igual», advertiu González.

Pola súa parte, Igrexas considerou indefendible que na maior cidade de Galiza as escolas infantís dependentes da Xunta ofrezan menos prazas públicas que as municipais.

Tracking Pixel Contents