Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Morre aos 80 anos o galeguista Francisco Domínguez, exdirector da Penzol e impulsor da Biblia en galego

«Pola súa coherencia vital e a fidelidade aos seus principios éticos, foi un exemplo a seguir para todas e todos nós», din dende a fundación

Francisco Domínguez, na presentación dunha obra en 2023

Francisco Domínguez, na presentación dunha obra en 2023 / Ricardo Grobas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

A. L. S.

O histórico galeguista Francisco Domínguez Martínez, nado en Santa Uxía de Ribeira en 1944, faleceu nas últimas horas en Vigo. Sucesor de Francisco Fernández del Riego ao fronte da Fundación Penzol, entre os seus méritos consta o de impulsar a tradución da Biblia ao galego.

Do pasamento de 'Quico' Domínguez informou onte, último día de 2024, a propia entidade da que era padroeiro e que dirixiu durante máis dunha década, entre 2010, cando tomou o relevo de Del Riego, e 2021, en que cedeu o posto a Xosé Manuel Soutullo.

«Incorporado ao galeguismo dende a mocidade, fixo desta causa de noso unha das súas razóns de ser», expuxo a Penzol, que expresou tamén a «fonda dor» pola morte de Domínguez. «Pola súa coherencia vital e a fidelidade aos seus principios éticos, foi un exemplo a seguir para todas e todos nós. Sempre connosco, Quico, descansa en paz», do un comunicado publicado nas redes sociais.

Alén do compromiso coa Penzol, Francisco 'Quico' Domínguez foi refundador e secretario de organización del Partido Galeguista (1978-1982); presidente da editorial SEPT e un dos impulsores da tradución da Biblia ao galego, e accionista e conselleiro da Editorial Galaxia.

Tracking Pixel Contents