Un oasis para a lingua galega

Máis dunha vintena de mulleres migrantes residentes en Vigo aprenden o idioma en clases impulsadas por Sintrahocu e hai lista de espera de 40 persoas

Máis dunha vintena de mulleres migrantes residentes en Vigo aprenden o idioma en clases ofertadas por Sintrahocu

Marta G. Brea

Carolina Sertal

Carolina Sertal

«Eu son alegre, xenerosa e... festeira!». «Eu son alegre, bondadosa e humilde». Saltando dunha mesa a outra, escollendo trazos do seu carácter e iniciando a frase coa fórmula definitoria «eu son», cada alumna procede a desvelar ao resto de compañeiras de aula aspectos da súa personalidade. Ao mesmo tempo, resolven dúbidas, pois cando xorde que unha das asistentes quere indicar que é «amistosa», o mestre escribe con rotulador no taboleiro branco que, en galego, a forma máis recomendable non sería tanto «amistosa», senón que o mellor sería referirse como «amigable».

Finalizado o exercicio, Gonzalo Vázquez dá paso ao xogo das adiviñanzas e Brunilda Jaho le as características que escribiu para definir a un persoeiro do eido deportivo que ela mesma escolleu e, pronunciando perfectamente, di: «É futbolista, ten os ollos negros e é máis ou menos alto». «Lamine Yamal!», responde veloz e con acerto outra compañeira.

As alumnas e o profesor ao saír de clase de galego na Morada

As alumnas e o profesor ao saír de clase de galego na Morada / Marta G. Brea

Procedente de Albania, Brunilda Jaho é unha das máis de vinte mulleres migrantes residentes en Vigo que dende este mes acoden todos os martes ás clases de galego impulsadas polo Sindicato de Trabajadoras del Hogar y los Cuidados (Sinrtahocu) na cidade, unha iniciativa que naceu co obxectivo de favorecer a integración e a inclusión das mulleres asociadas á entidade a través do idioma propio da comunidade.

Brunilda Jaho tan só acudiu a dúas leccións e, aínda que confesa que se pon algo nerviosa porque para ela é un idioma novo e está comezando, anímase a practicar en plena entrevista do seguinte xeito: «Estou falando en galego». A continuación, muda ao castelán para poder expresar mellor os motivos que a levaron a apuntarse ás clases que imparte Gonzalo Vázquez, quen é mestre de Lingua Galega no IES Castelao. Brunilda Jaho explica que «como llevo un año y medio viviendo aquí, aunque he estado yendo y viniendo durante cinco, y siempre he escuchado que además del castellano también se hablaba en ‘galego’, pensé que me encantaría estudiarlo. Es por eso que aproveché la oportunidad que están dando en Sintrahocu, porque quiero saber más del idioma y también para poder integrarme más en Vigo».

Ya que lo estoy aprendiendo, a mi hijo también le voy a hablar en ‘galego’

O galego pasará a ser así o cuarto idioma para Brunilda Jaho na súa vida, pois sumará a súa aprendizaxe ao albanés, inglés e castelán. Neste senso, afirma que «mi hijo nació aquí hace ocho meses y nos vamos a quedar a vivir en Vigo, así que ya que lo estoy aprendiendo, a mi hijo Teo también le voy a hablar en ‘galego’».

O profesor Gonzalo Vázquez impartindo unha clase de galego na Morada

O profesor Gonzalo Vázquez impartindo unha clase de galego na Morada / Marta G. Brea

Adis Trujillo é outra das alumnas de Gonzalo Vázquez e traballa na actualidade como coidadora de persoas dependentes. Con sincera alegría conta que «estoy feliz porque a través del ‘galego’ voy a integrarme más socialmente. Como cuidadora, me va a permitir comprender más a las personas que cuido y será más llevadero, pero no solo es útil para el trabajo, sino también para poder entenderlo en el día a día, en la ludoteca o en el colegio de los niños. Estamos felices de falar en galego», concluye.

Nun momento no que as estatísticas revelaron que o galego xa é lingua minoritaria con respecto ao castelán en Galicia, Gonzalo Vázquez considera que «que estas mulleres, que son migrantes, teñan vontade de aprender galego por si mesmas é algo moi satisfactorio, é descubrir un oasis no uso da lingua. Aprenden moi rápido e hai lista de espera, o cal é motivo de alegría». E é que, no momento no que Sintrahocu lanzou as clases, recibiron unhas 60 peticións, polo que na actualidad procuran axuda para impartir clases online.

As alumnas e o profesor xunto á pizarra na clase de galego

As alumnas e o profesor xunto á pizarra na clase de galego / Marta G. Brea

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents