“Chamoume o mar para romper augas” entra no ronsel de Pereira

“Chamoume o mar para romper augas” entra no ronsel de Pereira | ALBA VILLAR

“Chamoume o mar para romper augas” entra no ronsel de Pereira | ALBA VILLAR

Grupo Pereira desvelou este venres a frase elixida para ilustrar o valo que a compañía ten nas súas instalacións de Beiramar e que o ano pasado exhibía as históricas palabras do seu fundador, José Pereira: “O paso do boi é lento pero seguro”. A sucesora é Olga Novo, Premio Nacional de Poesía, con “Chamoume o mar para romper augas”. “Síntome feliz e honrada de dar continuidade a un ronsel poético no que me precederon xa outros compañeiros escritores na nosa lingua”, destacou.