Lavadores canta os Reis para crear comunidade
A Irmandade de festas de Santa Cristina organiza por primeira vez esta proposta co obxectivo de recuperar a identidade da parroquia viguesa e dar un pulo ás tradicións de Nadal

Público asistente aos cantos de Reis en Lavadores. | // JOSÉ LORES / Carolina Sertal
Cando a Irmandade de festas de Santa Cristina de Lavadores deu comezo a súa actividade, a súa liña de traballo estaba clara: desenvolver dinámicas e propostas culturais na parroquia co obxectivo de que, alomenos cada tres ou catro meses, a veciñanza do lugar puidera xuntarse e compartir unha serie de vivencias que contribuíran a crear comunidade para que a xente volvera a conectar, tal e como acontecía nas romarías de antano. Logo de facer un intenso labor de investigación e rescatar o pasado mes de xullo a tradicional Farsa de Damas e Galáns , que data do século XVII e que levaba case 100 anos sen bailarse na parroquia, os integrantes da Irmandade de festas consideraron que o Nadal era unha época axeitada para continuar tecendo rede e xuntar novamente a unha parroquia que incluso chegou a quedar sen as súas festas patronais durante máis dunha década.
É baixo este contexto que Álvaro Caride, secretario deste colectivo, explica que “o Nadal pareceunos que era unha bota data para continuar creando estas dinámicas e decidimos organizar por primeira vez os cantos aos Reis, ademais dos cantos de Nadal que xa se fixeron o 22 de decembro. Para isto contactamos con varias corais para ver se se prestaban a colaborar con nós e ao final puidemos celebrar tres días de panxoliñas”.

O coro tradicional galego Garatuxa, durante a súa actuación de onte na igrexa de Santa Cristina. | // JOSÉ LORES / Carolina Sertal
Precisamente, o remate de ciclo tivo lugar na xornada de onte e foi o coro tradicional Garatuxa o responsable de poñer o broche a un Nadal distinto en Lavadores co seu repertorio de cantares folclóricos. Dirixido por Alberto Lago, gaiteiro marinense e divulgador da cultura popular galega en países como Alemaña, Suíza ou Francia, entre outros puntos de Europa, Garatuxa interpretou unha serie de panxoliñas tradicionais galegas para rematar o Nadal e que conquistaron ao público asistente na xornada de onte á igrexa de Santa Cristina.
Apenas unhas horas antes da celebración do concerto en Lavadores, Caride indicaba que, “Garatuxa son especialistas en cantos populares e naceron a través dunha asociación de veciños de Travesía que se xuntaban para facer xantares e excursións nas que sempre, tal e como se nota, remataban cantando. Por iso decidiron crear o coro e coa gran sorte de ter a Alberto Lago como director, quen ademais do seu traballo como divulgador da cultura galega por Europa, ten varias composicións musicais impresionantes, co cal só por iso as súas actuacións pagan a pena”, puxo en valor o integrante do colectivo.

Cantos de Reis en la Iglesia Santa Cristina de Lavadores / José Lores
Por outra banda, o secretario da Irmandade de festas de Santa Cristina fixo fincapé no importante esforzo que supón este tipo de actividades para unha asociación como a súa, pois co obxectivo de que os cantos de Reis non foran só unha cita “estática”, á que a veciñanza acode, senta e logo marcha, “fixemos un intenso labor polos negocios da zona para que nos botaran unha man e poder ofrecer aos asistentes un chocolate con churros”, afirmou Caride. Deste xeito, o público asistente puido degustar ao remate do concerto de Garatuxa unha boa chocolatada baixo a carpa que mercou a Irmandade.
Neste senso, Álvaro Caride e outro integrante deste colectivo que procura a dinamización de Lavadores, Antonio Oliveira, apuntaron que “a nosa intención é que os veciños e veciñas da parroquia se comuniquen, que o barrio conecte consigo mesmo e que nos volvamos a ver as caras, tal e como ocorría antes. Que teñamos unha horiña de partillar coa veciñanza e que non se perda a identidade nin a nosa memoria, porque isto hai tempo que non acontece”.

Santa Cristina de Lavadores / José Lores
Que os residentes de Lavadores tamén queren recuperar esa conexión e sentimento de comunidade foi algo que a Irmandade de festas de Santa Cristina constatou o pasado 22 de decembro, cando a igrexa rebosou de público para ver os concertos das corais Cantos de Liberdade e Lembranzas Galegas, así como a actuación da soprano galega Teresa Novoa, o cal foi un dos momentos máis emotivos da xornada ao recuperar un “Alalá” que había décadas que non soaba entre as paredes da igrexa desta parroquia viguesa. A cita foi un “exitazo”, según a organización, e mesmo contou coa participación do bailarín das Tanxugueiras, Artur Puga.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Luz verde al inicio de la revolución para la Praza de España de Vigo: el Concello aprueba la primera licencia del ámbito
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
