Gran Vigo
Adeus ao apoio “con voz quente”: pecha a Oficina de Dereitos Sociais de Coia
A asociación da Parroquia do Cristo da Victoria bota o peche despois de nacer como apoio aos veciños no 2007 para solicitar axudas e bolsas

Obradoiro da Oficina de Dereitos Sociais de Coia / Cedida

Centos de veciños axudados, ducias de asambleas, varias crises económicas e 16 anos despois, o tecido asociativo da cidade perde unha das súas entidades máis singulares. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia anunciou este xoves o seu peche despois de que nos últimos cursos estiveran “con menor actividade e forzas”. “Non é o mesmo que o proxecto se acabe a que as necesidades non existan” sinala Diego Lores, un dos seus cabezas visibles.
Os alugueiros e salarios insuficientes foron os últimos problemas dunha traxectoria na que estiveron presentes os desafiuzamentos e a implantación unha renda básica universal. De feito, esta medida é unha das que máis destacan xunto ao lanzamento da “Guía de Axudas Sociais” en 2017 coa que trataban de explicar “con voz quente” cómo superar os trámites burocráticos para acadar axudas, permisos e bolsas.
“Podemos dicir que os obxectivos foron máis que cumpridos” apuntan no seu comunidado de despedida ao tempo que lembran que, aínda así, non é que a realidade “sexa de cores”. Roteiros por barrios, recollidas de sinaturas para Iniciativas Lexislativas Populares ou manifestacións completaron unha actividade que sobrepasou, con creces, os límites do seu barrio. Agora, din que hai que “parar, pensar e ver o que fixemos mal para seguir buscando outras persoas para seguir nesa liña”, aínda que non saben cando nin cómo.
Dende o seu nacemento foron os locais dos baixos da Parroquia do Cristo da Vitoria o lugar onde establecer a súa base de operacións. “Hai unha tradición comunitaria e social de loita, resistencia e autoorganización” sinala Lores, quen lembra que foi esa mesma actitude a que facilitou “abrirse” a novas realidades. Ademais da atención presencial e as asambleas celebradas, realizaron presentacións “por toda a provincia e Galicia”.
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- La primera jornada de huelga en el metal de Pontevedra paraliza la actividad en astilleros y auxiliares: «Fábrica parada»
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Una puja judicial de récord en Vigo: subastan un piso en la calle Rosalía de Castro valorado en más de un millón de euros
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- Y ahora que Seila es canción...
- El Celta, un paso más cerca de Europa
