O premio de novela curta Antón Risco da Fundación Vicente Risco de Allariz recaeu este ano no escritor vigués afincado en Nigrán Fran Fernández Davila pola obra titulada “Primavera. A camareira, o cuarto e o libro d epoemas”. O galardón está dotado con 3.000 euros e inclúe a publicación do traballo no selo editorial Doutor Alveiros.
Así o acordou o xurado do certame, que salientou o “lirismo, ritmo e musicalidade da súa prosa, así como a curiosidade que suscita en quen a le.” O tribunal considera que “a obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicto coma cara literatura como elemento curativo”. E incide en que os personaxes están ben perfilados, especialmente o protagonista.
O autor acadou recentemente o premio do certame literario Rosalía de Castro do Concello de Padrón co poemario “Konpostela”. Con anterioridade gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo que convocan o Concello de Gondomar, o Instituto de Estuso Miñoráns e a Editorial Galaxia. A súa última publicación é a novela “O bosque do duque” (Galaxia, 2022).